Unha nova edición do Mercado do Souto terá lugar este vindeiro domingo día 9 de setembro a partires das 10.00 h. ate as 14.00 horas na praza do Souto en Cervo.
Como xa sabedes, esta é unha iniciativa da Asociación C. Airiños do Xunco de Cervo e da Asociación de consumo ecolóxico Karrikanta de caracter comarcal, co obxectivo fundamental de poñer en contacto a productores e consumidores poñendo en valor a produción e o consumo de produtos órganicos e naturais, que ten lugar os 2º e 4º domingos de cada mes . Contaremos ademais con artesanias , libros etc
Outro atractivo deste mercado son as actividades para nen@s e adultos . O domingo contaremos con xogos populares e música para tod@s