LUISA CASTRO
Polos xornais chéganos a boa nova dun paso importante na brillante carreira da intelectual focega Luísa Castro poeta, escritora e colaboradora de prensa; segundo a cal a nosa veciña acaba de ser nomeada responsable do maior centro cultural español en Italia, ao asumir a dirección que a sede do Instituto Cervantes ten en Nápoles. Luísa vai a ocuparse de coordinar as actividades do centro no que se promocionan o español e a cultura iberoamericana, dende o que é o meirande centro español existente naquel país, cuxas instalacións ocupan unha superficie de 1400 metros cadrados. A cultura italiana non é algo novo para a lingüista focense, pois non en van durante varios cursos estivo en contacto con ela grazas á ampliación dos seus estudos de Lingüística na histórica Universidade de Urbino, con unha tradición de máis de cinco centos anos; pequena e vella cidade situada a 100 Km. dese auténtico museo ao aire libre que é Florencia, e berce do insigne Rafael, pintor e arquitecto, a mais importante figura do Renacemento.
Rexistramos con verdadeira ledicia este novo éxito da escritora mariñá de cuxa amizade disfrutamos dende a súa adolescente incursión no mundo da literatura, cuxos pasos seguimos de preto; indiscutibles dotes, recoñecidas acotío a través dos libros e os importantes premios que, xove aínda, leva acadados.
Luísa Castro ten publicados os libros seguintes: de poesía, Odisea definitiva; Los versos del Eunuco, Premio Hiperión; Baleas y baleas, premio Esquío; Los seres vivos; Los hábitos del artillero, premio Rey Juan Carlos de poesía; De mí haré una estatua; Señales con una sola bandera; Amor mi señor. Novelas: El Somier, finalista premio Herralde; La fiebre amarilla; El secreto de la lejía, premio Azorín; Viajes con mi padre; La segunda mujer, premio Biblioteca Breve; Podría hacerle daño, premio Torrente Ballester…
Colaboradora habitual de “El Progreso”, a súa sinatura non é allea ás páxinas doutros xornais galegos e ás principais cabeceiras dos rotativos estatais. Luísa utiliza indistintamente o castelán e o galego para os seus traballos literarios. Os nosos parabéns.
Suso Fernádez


















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



