O PP REXEITA A PROPOSTA DO ALCALDE DE MODIFICALAS BASES DO CONCELLO PARA A CONTRATACION DE PERSOAL LABORAL DE CARÁCTER TEMPORAL
No último pleno celebrado no Concello de Ribadeo, e baixo ao pretexto de ter que dar cumprimento a unha serie de requisitos legais no concernente as bases para a contratación de persoal laboral con carácter temporal do Concello, o Alcalde e o equipo de goberno do BNG coa súa maioría absoluta veñen de aprobar, unha vía para dar entrada pola porta de atrás a aquelas persoas que sexan da súa corda o do seu cor político, sen resultar garantido o dereito de todos os cidadáns a acceder a función publica con suxeición a un proceso selectivo rexido polos principios de mérito, capacidade, igualdade, obxectividade, e imparcialidade.
Os veciños e veciñas de Ribadeo, deben ser coñecedores do que subxace tras esta modificación aprobada no derradeiro pleno polo equipo de goberno a proposta do Alcalde, é que trala que, baixo unha aparencia de sinxela modificación xustificada na necesidade de adaptar as normas do Concello a legalidade vixente, o que verdadeiramente se ven de aprobar é unha modificación total destas normas, trala que se agocha a vontade de converter o Concello nunha Axencia de Contratación laboral ao servicio do equipo de goberno que se ha de traducir nunha rendibilidade política.
A partires de agora e coa modificación aprobada, vai ser o Alcalde quen teña o poder de decidir quén entra e quén no a cubrir aquelas prazas que temporalmente poidan quedar valeiras no Concello. Así, dende agora vai ser o Alcalde quén aprobe as bases e a convocatoria que ha de rexer nos procesos selectivos. Deste xeito, basta con que se fixe a “entrevista persoal” como o criterio que máis puntúe neste proceso para que a valoración dos méritos dos candidatos so dependa da discrecionalidade dos membros do Tribunal; o que nos leva a segunda das modificacións aprobadas, xa que dende agora, tamén vai ser tamén o Alcalde quén designe aos membros dos Tribunais, certo que por Lei teñen que se funcionarios, pero certo que de entre estes vai ser o Alcalde quen os designe, e non fan falla grandes esforzos, para decatarse que sempre vai designar a aqueles que lle sexan mais afíns, política ou persoalmente
Con estas dúas modificacións xa se poñen os primeiros piares para que os admitidos para cubrir prazas no Concello sexan a aquelas persoas da confianza do equipo do Goberno e do Alcalde, xa que, repetimos, El vai ser quen fixe os criterios para valorar quen ten acceso as listas de admitidos e El vai ser quen designe aos membros dos Tribunais que teñen que valorar eses criterios, pero é que a manipulación do asunto vai máis ala, xa que a partires de agora resulta que, unha vez aprobada a lista de admitidos e excluídos, seguidamente e no mesmo acto se adxudica a praza, co que todo aquel candidato que se crea con dereitos para ser incluídos na lista de admitidos e desexe recorrer a resolución do Tribunal, verá cencenada súas posibilidades xa que, cando teña o fallo do seu recurso, na meirande parte dos casos, xa se haberá esgotado o prazo para o que se sacou a praza a cubrir, e xa non haberá volta atrás, co que aínda que tivera máis dereitos que aquel a quen se lle adxudicou e disfrutou do posto de traballo, o certo e que chegado este momento de pouco lle valeran os seus dereitos.
Con nestes cambios que se acaban de aprobar a partires de agora nos procesos selectivos para cubrir prazas no Concello de Ribadeo non quedan garantidos os principios básicos de capacidade, méritos, igualdade, obxectividade e imparcialidade… que deben presidir o acceso a función publica, senón que a partires de agora todo dependerá do Rexedor Municipal, da arbitrariedade do cal e da súa discrecionalidade vai depender a contratación do persoal laboral temporal do Concello
Cumpre recordarlle ao Alcalde que esa necesidade que el invoca para xustificar a modificacion cal é a de dispor dun listado de xente da que tirar para cubrir, nun momento dado e sen necesidade de convocar un proceso selectivo, unha praza do Concello que temporalmente quede vacante, o pode obter garantindo que a inclusión dos candidatos nestas listas responderá a criterios de obxectividade, imparcialidade e igualdade… o que no se garante en absoluto coa recente modificación.
Por outro lado, se ben e certo como di que noutras Institucións e Administracións Públicas xa se dispón destes listados, igualmente certo é que, nesas Institucións e Administracións a inclusión nestas listas dos candidatos depende de que previamente teñan superado unhas probas obxectivas, xa sexa un exame de coñecementos ou xa da superación dunha proba de aptitude para o posto ao que se aspira, quedando garantido deste xeito o cumprimento dos principios básicos de acceso a función publica.
De deplorable e caciquil merece ser cualificada a actuación do equipo de goberno, quenes facendo uso da súa maioría absoluta veñen de abrir unha vía para dar entrada no Concello, pola porta de atrás, sen publicidade e con total opacidade, a aqueles ou aquelas veciños que elos teñan a ben. Tratase dunha modificación que vulnera os principios que deben rexer os procesos selectivos no sector público, tratase dunha modificación trala que non resulta garantido que as bases que vaian rexer futuras convocatorias respondan a criterios de obxectividade e imparcialidade, ben podendo meritar máis criterios subxectivos e arbitrarios a aprobación dos cales queda en mans da discrecionalidade e do arbitrio do Alcalde.
Fronte a esto dende o PP esiximos que se garanta a todos os cidadáns o seu dereito a acceder a un posto de traballo na Administración publica en condicións de igualdade e imparcialidade, con suxeición a criterios obxectivos, con valoración en condicións de igualdade dos méritos e da capacidade dos candidatos, rexeitamos calquera modificación que deixe en más dos políticos de turno os procedementos de selección do persoal ao servicio do Concello, e é que dende o PP rexeitamos converter o Concello nunha Axencia de contratación temporal ao servicio do equipo gobernante.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



