O número tres da candidatura popular ao Parlamento de Galicia di que este é un bo exemplo de como o Goberno galego traballa “discretamente pero sen descanso” como aliado dos inversores que apostan pola Mariña
Balseiro: O apoio da Xunta permitiu garantir a actividade e o emprego no peirao de Mirasol e consolidar esta infraestrutura como un dos principais portos comercias hoxe e no futuro
Cando desde o anterior goberno bipartito daban por perdida a batalla o PP na Xunta soubo executar en tempo e forma os seus compromisos para seguir facendo de Mirasol unha dársena de interese loxístico para a carga e descarga de papel e outras mercadorías.
Balseiro di que só un goberno do PP pode ofrecer garantía de solvencia e alerta ante experimentos como o bipartito ou gobernos de tres ou catro forzas que “inestables, malos xestores e ineficaces” fan fuxir proxectos empresariais.
Ribadeo, 24 de setembro de 2012.- José Manuel Balseiro Orol, deputado autonómico e actual número tres da candidatura do PP ao Parlamento de Galicia lembrou hoxe que cando desde o anterior goberno bipartito daban por perdida a batalla para que Ence continuara facendo uso do peirao comercial de Mirasol, o apoio dos actuáis responsables da Xunta de Galicia e do Partido Popular foi decisivo para blindar e garantir a actividade e o emprego nestas instalacións portuarias e para consolidalas como un dos principais portos comercias “tanto hoxe coma no futuro”.
Tal e como explicou Balseiro as obras executadas en Mirasol permitiron duplicar a capacidade deste porto e fixeron que a principal empresa usuaria do mesmo -a papeleira Ence- continuara operando neste peirao ao converterse nunha dársena de interese loxístico preferente para a carga e descarga de papel e outras mercadorías.
Balseiro lembra que foi decisión do actual goberno galego, liderado por Alberto Núñez Feijóo, investir 2,2 millóns de euros para acometer estas obras. Melloras que consistiron por una banda, no ensanchamento do peirao do extremo norte de Mirasol e, doutra banda, na dragaxe da canle de acceso ao peirao comercial. Ambas actuacións foron executadas “en tempo e forma, cumprindo os prazos e os compromisos asinados” e serviron para acadar un avance substancial no uso deste porto.
Na actual lexislatura ademais das obras descritas acometéronse outras actuacións no peirao de Mirasol como foron a mellora da seguridade viaria e ampliación de atraques, a remodelación e acondicionamento do edificio de servizos, o aumento da cota de coroación do peirao comercial, o acondicionamento do borde portuario e a remodelación do vial no peirao comercial. En total todas estas obras supuxeron un investimento de 8.376.113,76 euros.
SOLVENCIA FRONTE A INCERTEZA
En clave política o dirixente popular dixo que o acontecido en Mirasol é un bo exemplo de como o actual Goberno galego traballa “discretamente pero sen descanso, como aliado de todos aqueles inversores que aposten pola Mariña e por Galicia para levar a cabo proxectos empresariais que movan a economía, que melloren a competitividade e que xeren postos de traballo”.
Balseiro alertou que esta “garantía de solvencia” só pode ofrecela o Partido Popular e que, pola contra, “outros malos experimentos” como o anterior goberno bipartito -formado por socialistas e nacionalistas- ou fórmulas “ainda máis disparatadas” como un goberno autonómico formado por tres ou catro forzas políticas, implicaría un risco evidente de “inestabilidade, confusión e falta de operatividade” que seria nefasto nos tempos que corren e faría fuxir proxectos como o de Ence capaces de xerar riqueza e emprego.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



