O PSdeG-PSOE presenta en Lugo “a candidatura da xente e da igualdade de oportunidades”
– O secretario xeral do partido na provincia, José Ramón Gómez Besteiro, incidiu en que “Galicia necesita o cambio máis que nunca fronte á axenda oculta do PP, que dá a espalda a Lugo e crea unha sociedade só para uns poucos”
-“Feijóo é un presidente que nunca exerceu de presidente; exerceu de contable e por riba non lle saen as contas”, destacou Concepción Burgo, número un da candidatura por Lugo, que apostou por “falar coa xente, porque as cousas non teñen por que ser como son”
O PSdeG-PSOE de Lugo presentou hoxe a súa lista de candidatos ás eleccións nun acto que destacou pola unión e a representación de todos os estamentos do partido provincial, que arrouparon a candidatura feita “por e para Lugo” e que será “a candidatura da xente, dos pensionistas, os autónomos, os estudantes e da igualdade de oportunidades, que hoxe está amenazada”, segundo a definiu José Ramón Gómez Besteiro. O secretario xeral na provincia incidiu en que “Galicia necesita o cambio, que é máis importante e necesario que nunca”, fronte á “axenda oculta do PP” que “dá a espalda a Lugo e crea una sociedade só para unha pouca xente”. Besteiro destacou tamén que “á a candidatura que loitará para que haxa unha solución para Alcoa e que se alegrará cando se produza”.
Na mesma liña se pronunciou a número un da candidatura, Concepción Burgo, da que Besteiro recoñeceu estar “orgulloso, igual que de toda a lista, que é o mellor do partido na provincia”. Burgo asegurou que os candidatos por Lugo queren “falar coa xente, porque as cousas non teñen por que ser como son”, e referiuse a Feijóo como “un presidente que nunca exerceu de presidente. Exerceu de contable e por riba non lle saen as contas”, aseverou. A socialista incidiu en que Feijóo “sempre mirou para outro lado con Lugo” e amosou a súa preocupación pola continua despoboación no rural. “Non temos futuro se non poñemos freo a esa perda de poboación, e que mellor maneira de botar a xente do rural que pechando escolas”, asegurou.
Pensionistas, parados e mulleres
Burgo referiuse aos 120.000 pensionistas galegos ou os 27.000 parados lucenses, cun crecemento do desemprego do 32% na candidatura de Feijóo, ademais de preocuparse especialmente polas mulleres, “que sofren unha dobre crise, porque queren retirar os servizos públicos e que as mulleres volvan para casa”, dixo. “Non estamos dispostos a dar pasos atrás na igualdade”, destacou Burgo, que fixo referencia ao adianto electoral como “o xeito de tapar o que vai facer Rajoy despois das eleccións”.
Burgo insistiu en que o cambio hai que conseguilo “entre todos, como unha piña” e en que “é a política con maiúsculas o que pode cambiar o país”. Tamén o presidente do PSdeG, José López Orozco, falou da “candidatura do cambio e da solidariedade fronte aos que só saben falar de recortes”, para “devolverlle a esperanza e a ilusión a Galicia”. Orozco apostou por que “acabe dunha vez a mentira e a palabra que non di nada por unha de compromiso” con todos os cidadáns. “A solución está aquí, non na dereita”, rematou.
A candidatura provincial do PSdeG-PSOE por Lugo, que foi aprobada por unanimidade, estivo arroupada no acto polo deputado no Congreso José Blanco, o senador Ricardo Varela, deputados autonómicos, alcaldes e membros das executivas local e provincial do partido. A lista destaca pola súa absoluta renovación, cun 80% de caras novas, a grande experiencia política, formación e dilatada traxectoria profesional dos candidatos. Ademáis a lista, encabezada por unha muller, ten maioría feminina, con oito mulleres e sete homes.
Nela están representadas ademais todas as comarcas: : Lugo, A Mariña, Zona Sur, Terra Chá, A Ulloa e A Montaña, nunha clara aposta pola cercanía aos cidadáns, o equilibrio territorial e a atención a todos os sectores da poboación.
A candidatura responde ao compromiso do secretario xeral do partido na provincia, José Ramón Gómez Besteiro, de renovar, “mover banquillo”, e consolida a apertura dunha nova etapa no PSOE de Lugo que acenda o motor do cambio na Xunta. O obxectivo é abrirlle as portas do futuro á provincia, a máis castigada polo actual goberno autonómico, e implantar o modelo das conquistas sociais e os servizos públicos, desterrado pola neodereita de Feijóo.
CANDIDATURA PROVINCIAL LUGO PSdeG
CONCEPCIÓN BURGO LÓPEZ
JUAN CARLOS GONZÁLEZ SANTÍN
JOSÉ RAMÓN VAL ALONSO
RICARDO VICENTE DOCASAR DOCASAR
MARÍA ELBA VELEIRO FERNÁNDEZ
MIGUEL ÁNGEL FERNÁNDEZ LÓPEZ
HORACIO ROUCO FERRO
FE ÁLVAREZ SÁNCHEZ
LETICIA SEARA LOSADA
MARÍA LOUREIRO GARCÍA
SANDRA FREIRE DEL VALLE
ROBERTO CASTRO GONZÁLEZ
MARÍA CARMEN GARCÍA CONDE
MARÍA DEL CARMEN CAPÓN TELO
ISMAEL REGO GONZÁLEZ
SUPLENTES:
PABLO NÚÑEZ GONZÁLEZ
MARÍA ISABEL RODRÍGUEZ LÓPEZ
JOSÉ CARLOS FERREIRO OTERO
EDUARDO VIDAL BAAMONDE
MARTA JATO DÍAZ





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



