A ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALICIA RECURRIRÁ CONTRA O SOBRESEIMENTO DA DENUNCIA PENAL CONTRA A ALCADÍA E CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE BARREIROS DECRETADA POLO XUÍZ DE INSTRUCCIÓN DO XULGADO DE INSTRUCCIÓN Nº 1 DE MONDOÑEDO
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) ven de ter coñecemento do Auto do Xulgado de Instrucción nº 1 de Mondoñedo, de 2 de Octubro do 2012, polo que se Decreta o SOBRESEIMENTO PROVISIONAL das actuacións derivadas da denuncia penal presentada polo Ministerio Fiscal contra do Alcalde de Barreiros por presunto delito de prevaricación e cohecho na concesión de licencias urbanísticas.
En relación a este Auto, por parte de ADEGA non podemos menos que manifestarnos profundamente sorprendidos da falta de sensibilidade do Xuíz de Instrucción do Xulgado de Mondoñedo fronte a este tipo de delitos contra a ordenación do territorio: en calquera das licenzas urbanísticas denunciadas polo Ministerio Fiscal, ten o Xulgado de Mondoñedo, -nos miles de folios de documentación que conforman a causa e na mesma denegación de documentación por parte do Concello-, probas dabondo de que tanto o Alcalde como a Arquitecta Municipal eran conscientes de que se estaban concedendo licenzas de construción contrarias ás normas urbanísticas vixentes (artigo 320 do Código Penal): o propio Plan Sectorial promovido polo actual goberno da Xunta para dotar de viales, suministro de auga potable e de alcantarillado e depuración de augas residuais deberán ser proba dabondo para demostrar a ilegalidade das licenzas urbanísticas e para, cando menos, investigar con detalle e ata as últimas consecuencias a explosión urbanística que tivo lugar no concello de Barreiros en apenas dous anos.
A este respecto, debera investigar o Xulgado porque a comisión de Goberno do Concello de Barreiros se reúne o día antes da entrada en vigor do Decreto de Suspensión das normas subsidiarias do Concello de Barreiros para aprobar un lote de licenzas urbanísticas, cando incluso algunhas delas, -de acordo cos informes da técnica municipal- tiñan a documentación incompleta; debera investigar porque, co Decreto de suspensión das normas subsidiarias xa en vigor, a comisión de goberno do Concello de Barreiros continúa outorgando licenzas de construción en zonas expresamente prohíbidas no citado Decreto; debera investigar porque, -como consta na documentación oficial do propio Plan Sectorial antes citado-, a comisión de goberno do Concello de Barreiros ten outorgado licenzas de construción ocupando, non xa solo urbanizable ou solo urbano non consolidado, senón ocupando incluso solo rústico; debera de investigar porque se conceden licenzas de edificación sobre o dominio público hidráulico negando que exista tal dominio público, cando, ao mesmo tempo, o promotor estaba tramitando autorización do AUGAS DE GALICIA para a modificación do dominio público hidráulico e a ocupación do mesmo e debera de investigar, en fin, porque a comisión de Goberno do Concello de Barreiros, en practicamente todas as licenzas outorgadas, ten permitido, en contra das Normativa Urbanística, construír sotos por encima da rasante do terreo (que logo se disimulan con recheos e muros de contención) ou tamén transformar a habitabilidade baixo cuberta en unha altura máis de vivendas totalmente independentes.
Non podemos crer na democracia sen que a Lei se aplique a todos por igual e sen unha Administración de Xustiza plenamente independente do poder político e das corruptelas desta Xunta de Galiza. Dende ADEGA anunciamos a presentación de recurso de apelación contra deste Auto e agardamos que as distintas instancias da Administración de Xustiza, empezando polo Ministerio Fiscal que presentou a denuncia, non se deixen coaccionar pola nin polo Plan Sectorial da Xunta de Galiza nin pola arbitraria retirada por parte do Goberno do Sr. Feijóo de moitos dos contenciosos administrativos que, ante a desobediencia do Alcalde de Barreiros, tivo que presentar o Goberno bipartito.
En ADEGA somos conscientes de que a continuación do proceso penal fronte ás directrices e a política do actual Goberno da Xunta, esixe independencia, dedicación e valentía. Queremos confiar en que a Administración de Xustiza non será quen de crear agravios comparativos fronte a outros cidadáns que cumpriron estritamente a legalidade ou que foron condenados por incumprimento ou que, mesmo, tiveron que derribar, -por sentenza xudicial-, as obras ilegalmente construídas.








Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



