ROSA QUINTANA DESTACA O PULO ACADADO POLA IXP FABA DE LOURENZÁ, CUNHA PRODUCIÓN ANUAL QUE SUPERA XA OS 7.000 QUILOS
A conselleira do Medio Rural e do Mar asistiu á XXII festa de exaltación deste produto, declarada de Interese Turístico Galego
Lourenzá (Lugo), 6 de outubro de 2012.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, achegouse hoxe ata o concello lugués de Lourenzá para asistir á XXII edición da Festa da Faba. A conselleira destacou o pulo rexistrado por este produto, amparado por unha Indicación Xeográfica Protexida (IXP), xa que desde a posta en marcha deste indicativo de calidade diferenciada –en agosto de 2008– pasouse dunha produción rexistrada de menos de 2.000 quilos anuais aos máis de 7.000 acadados en 2011, con 52 produtores e 7 envasadores.
Rosa Quintana salientou a calidade da faba de Lourenzá e animou aos seus produtores a “seguir traballando como ata o de agora, para conseguir un produto no que se nota a profesionalidade e o cariño posto no seu cultivo, un produto que vos distingue e vos fai únicos”. Cara o futuro, a titular de Medio Rural e Mar dixo que “temos que avanzar un paso máis”, no sentido de “establecer un bo sistema de comercialización” para facer posible que “cando en calquera lugar do mundo se pense en fabas, se pense en Lourenzá”.
En relación coa festa, a conselleira destacou que “non deixou de medrar, tanto en importancia como en duración” desde o seu nacemento no ano 1990, e puxo de manifesto o amplo programa de actos, con obradoiros, concursos, exposicións, mercado, actuacións musicais, etc.
Indicación Xeográfica Protexida
A zona de produción, almacenamento e envasado da faba protexida pola IXP Faba de Lourenzá abarca toda A Mariña de Lugo, integrando os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.
Festa
A festa da faba naceu en 1990 por iniciativa do Concello de Lourenzá para fomentar o consumo deste produto. Inicialmente centrábase nun concurso de fabas e paulatinamente foron medrando as actividades organizadas, combinando a exaltación gastronómica con eventos lúdicos e culturais, tales como actuacións musicais, exposicións de artesanía e fotografía, animación para os máis cativos, baile ou teatro.
Paralelamente organízase un concurso de tapas a base de fabas que se poden degustar de xeito gratuíto nos establecementos de hostalería da localidade e que este ano acada a súa quinta edición. A celebración está declarada Festa de Interese Turístico Galego.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



