A Mariña, 21 de outubro, 2026. O pasado sábado 17 de outubro tivo lugar na Biblioteca Maravilhas, en Arroxo (Vilanova de Lourenzá), o evento número XIII do ciclo Soberanía Dixital: unha Xornada de Reparación ao estilo “Repair Café”, concibida como un espazo de reparación colectiva. A actividade foi organizada polo grupo amarinha.gal co apoio de Enxeñería Sen Fronteiras (ESF) e da Biblioteca Maravilhas.
O encontro reuniu 12 participantes que colaboraron na reparación e posta en marcha de distintos aparellos: desde unha bicicleta eléctrica ata un reloxio, pasando polo amaño dun proxector, a posta a punto dun teléfono móbil ou a renovación de pezas de roupa. A porcentaxe de reparacións foi inferior á acadada na xornada celebrada a finais de curso no CIFP de Ribadeo, aínda que se conseguiu resolver máis da metade dos casos. Como en ocasións anteriores, asistiron tanto persoas que levaron obxectos para reparar como outras que achegaron coñecementos e métodos para colaborar nas reparacións.
A organización e os participantes compartiron, ademais do traballo, conversa e café —levado por Lucía— prolongando así a xornada prevista. Durante o evento tamén se repartiu un fanzine elaborado por membros de amarinha.gal sobre o dereito á reparación e o seu significado, dispoñible en https://blogs.amarinha.gal/.
A actividade celebrouse coincidindo co Repair Day, o Día Internacional das Reparacións, que busca poñer en valor a práctica do dereito a reparar como compoñente dunha sociedade máis sostible, menos despilfarradora de recursos e máis respectuosa co medio ambiente, contribuíndo á loita contra o cambio climático. Todo isto nun ambiente colaborativo que favorece a creación dunha rede de solidariedade.
O colectivo amarinha.gal ten previsto continuar proximamente co desenvolvemento de novas actividades abertas sobre soberanía dixital, aínda que as datas están pendentes de concretar.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



