ADEGA-LUGO INICIA O SEU CICLO DE ROTEIROS CUNHA SEGUNDA EDICIÓN DE “A GALIZA MÁXICA. UN PAÍS DE LENDAS”
En Lugo, a 30 de outubro de 2012.- ADEGA Lugo vén de presentar o seu programa de roteiros para o curso 2012-2013 que, desta volta, estará dedicado de novo a descubrir lugares máxicos, encantados ou marcados por algunha lenda ou tradición oral. Dado o éxito da primeira edición do programa “A Galiza Máxica. Un país de lendas”, na que participaron unhas 500 persoas, e por votación maioritaria dos seus socios e socias, ADEGA-Lugo dá continuidade a esta temática como eixo arredor do cal vai xirar os roteiros do ciclo 2012-2013.
Os roteiros de ADEGA Lugo están concebidos como unha actividade de ocio e divertimento, pero tamén de divulgación e reivindicación ambiental. A través deste ciclo de roteiros dedicados á Galiza Máxica, ADEGA mostrará aos viandantes diferentes elementos naturais e paisaxísticos que forman parte, non só do espazo físico, senón do imaxinario popular, no que aínda viven e se desenvolven seres míticos e fantásticos que chegaron aos nosos días a través das lendas. A Galiza Encantada é o legado das crenzas e costumes dos nosos devanceiros e a través dela aprendemos a convivir coa natureza e a respectar o territorio no que vivimos.
Desde a perspectiva reivindicativa, os roteiros de ADEGA Lugo servirán para reclamar máis atención das autoridades á preservación destes elementos patrimoniais non materiais, a través da promoción literaria, da investigación, da posta en valor e da conservación dos símbolos naturais e do espazo físico que os sustenta. A destrución do territorio físico tamén leva consigo a desaparición de moitos lugares míticos ou símbolos da Galiza máxica que hoxe en día están a esmorecer.
ADEGA-Lugo quere contribuír de forma activa a que os galegos e galegas coñezan estes elementos naturais e máxicos presentes aínda na nosa xeografía e na nosa memoria colectiva como testemuñas dunha visión particular do mundo. Durante os próximos oito meses iremos na busca da Porta do Alén en Guitiriz, da trabe d’ouro no Incio, dos encantamentos do Sil en Doade, do Santo Grial no Cebreiro, dos tesouros de Feranzos na Mariña e dos misterios de Santa Mariña de Augas Santas en Allariz e do Pico Sacro en Compostela.
O primeiro roteiro terá lugar o 11 de novembro e percorrerá a Serra do Courel na busca do Apalpador. O roteiro rematará cun magosto en Ferreirós de Abaixo.
Para a realización destas camiñadas, ADEGA contará coa colaboración de diversas entidades culturais e sociais e de persoas vinculadas estreitamente coa cultura galega.
O programa de roteiros de ADEGA Lugo poderá consultarse na web de ADEGA: www.adega.info.
Para máis información: 982240299, 686701344.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



