Plataforma Afectados Participacións Preferentes A Mariña
Dende a plataforma queremos comunicar que a parte das Preferentes tanto as “Obrigacións Subordinadas con vencemento” como as “Obrigacións Subordinadas perpetuas” entran na famosa “quita” que xa está aprobada por decreto.
Tanto preferentes como subordinadas son considerados produtos de inversión, por iso a xente que os teña contratados terá que contribuír a reestruturación bancaria con parte do capital invertido segundo o real decreto 24/2012 aprobado nas últimas semanas.
De momento non se sabe con exactitude que porcentaxe de “quita” se vai a aplicar, non todas as entidades van aplicar o mesmo porcentaxe, vai ir en función da solvencia da entidade. Pero fálase de que poden chegar a porcentaxes de ata un 70% ou 80%.
Queremos facer un chamamento a toda a xente a que revise os seus contratos, e que de estar afectado por este producto ou por preferentes se poña en contacto con nós para indicarlle as formas de reclamación que hai dispoñibles a día de hoxe para a recuperación dos seus aforros.
Nestes momentos as vías que hai para reclamar ese diñeiro son as mesmas que as preferentes:
– Demanda Xudicial
– Reclamación en Consumo solicitando a arbitraxe.
Para calquera dúbida ou consulta poden poñerse en contacto coa plataforma as partires das 18:00h no seguinte número de teléfono: 608 191 779 ou ben enviar unha mensaxe o seguinte enderezo electrónico: afectadospreferentesamarinha@gmail.com.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



