O Concello inicia o procedemento para contratar o subministro de mobiliario básico para a residencia e centro de día
-Trátase da primeira fase de dotación de mobiliario, coa que se adquirirán mobles como cadeiras, sofás, mesas ou armarios
-A apertura desta infraestrutura está prevista para o 2014
Cervo, 26 de outubro de 2012-O Concello dá un paso máis na construción e posta en marcha da residencia e centro de día de Cervo, que se está executando en San Ciprián, nunha parcela municipal ao carón do pavillón da Veiga. Esta semana, a administración local abriu o procedemento para contratar unha parte do mobiliario necesario neste edificio. En concreto, trátase da primeira fase do equipamento interior, que inclúe mobles como cadeiras, sofás, mesas ou armarios. Deste xeito, aínda quedaría pendente o mobiliario industrial para a cociña e a lavandería, elementos que permitan prestar un servizo completo e de calidade.
O anuncio fíxose público a través do Boletín Oficial da Provincia, e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas. O orzamento de licitación, é dicir o prezo máximo polo que se pode contratar o mobiliario, ascende a 107.000 euros. Segundo a convocatoria, o subministro debe estar prestado antes do remate do ano.
Esta mañá o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e técnicos da dirección de obra e da empresa construtora visitaron o edificio que albergará a residencia e o centro de día co obxectivo de coñecer con total exactitude o estado actual das obras. Nestes momentos, segundo puideron comprobar, a estrutura, a fachada e a cuberta están totalmente finalizadas. Pero aínda quedan pendentes remates tan importantes como a carpintería, o pintado, as portas e demais instalacións. Ademais, como xa se dixo, falta contratar o resto do mobiliario.
O rexedor explicou que “as obras avanzan a bo ritmo e cumprindo os prazos establecidos” polo que “é moi probable que este equipamento estea funcionando no 2014”. Villares lembra que esta á unha obra de pagamento plurianual, é dicir, que o seu financiamento está fraccionado en catro pagamentos. Cabe destacar tamén que se trata dun “edificio de grandes magnitudes, con cinco plantas e que require unhas dotacións interiores moi concretas para poder atender ás persoas maiores, o que explica o tempo destinado a completar as obras e os traballos”.
O mandatario cervense tamén destaca o importante investimento que implica este centro asistencial, cun custo final de 1,9 millóns de euros, dos que a Xunta de Galicia achega o 94%. “Este proxecto non tería sido posible sen a implicación da Consellería de Traballo e Benestar, que dende un primeiro momento foi moi sensible coa solicitude do Concello de dispoñer dun centro destas características”.
Capacidade e instalacións
Este centro ofrecerá un total de 78 prazas, 53 para residentes e 25 para usuarios durante o día. O edificio está dividido en cinco andares: semisoto, planta baixa e tres plantas. No semisoto situaranse as instalacións e servizos do centro e da residencia, como a cociña, a lavandería, os almacéns e os vestiarios, e dispón de saída á área de lecer do xardín, Na planta baixa estará a entrada principal e os servizos administrativos, así como a zona da consulta médica e rehabilitación e unha sala de actividades para os usuarios.
As tres plantas altas teñen carácter residencial, polo que contan con habitacións (oito dobres e dúas individuais por planta) ademais dunha sala de estar-comedor, a enfermería e as zonas de control. En canto ás dimensións, disporá dun total de 2.500 metros cadrados útiles e uns 3.000 metros cadrados de superficie construída.






















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



