AS OFICINAS DOS SERVIZOS MUNICIPAIS AMPLIARÁN OS SEUS HORARIOS A PARTIR DO 2 DE NOVEMBRO PARA MELLORAR A ATENCIÓN AOS VECIÑOS. ANUNCIOUNO A ALCALDESA, EMMA ÁLVAREZ.
Lourenzá, 26 de outubro de 2012. A partir do vindeiro venres, día 2 de novembro, as oficinas do Concello de Lourenzá ampliarán os seus horarios. Anunciouno a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen explicou que “co ánimo de achegar a administración local aos nosos veciños e ampliar os servizos que dende o Concello lles ofrecemos decidimos ampliar o horario de apertura ao público de distintas oficinas vinculadas a trámites administrativos”.
Nas oficinas municipais o novo horario será de oito da mañá a tres da tarde. “Desta maneira amplíanse 30 horas de atención ao público mensuais”, manifestou a rexedora municipal, quen tamén comentou que “o horario de biblioteca seguirá sendo, como de costume, de cinco a oito da tarde”.
En canto ás dependencias de Servizos Sociais, que está situadas no Torreón dos Frades, Emma Álvarez, salientou que “terán un novo horario, desde as nove da mañá ata as tres da tarde, co que tamén se ve ampliada considerablemente a apertura para o público”.
A alcaldesa tamén explicou que “outro dos servizos que se amplía considerablemente, máis de 20 horas mensuais, é a Oficina de Rehabilitación e Punto de Información Catastral, pois o novo horario será de 9 da mañá a 3 das tarde e os martes e xoves tamén estará aberto de catro e media a sete da tarde. Esta era unha demanda importante posto que moita xente que se achega ao Concello a buscar as súas referencias catastrais pedíanos que tamén houbera unha apertura polas tardes para que puidera facer os seus trámites neste horario”.
A Casa da Xuventude tamén modifica os horarios e estará aberta de catro e media a sete da tarde os martes e os xoves.
Estes horarios son de luns a venres e o sábado tódalas dependencias permanecerán pechadas.
Álvarez Chao rematou aclarando que “con isto o único que pretendemos é facer chegar os servizos que damos dende o Concello dunha forma máis ampla á poboación e agardamos que sexa acollido de bo grado polos nosos veciños”.


















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



