Esgotadas as 50 prazas do plan co que a Deputación fai auditorías e asesora gratis ás PEMES para incorporar melloras tecnolóxicas
– O Plan de Dinamización do Uso da TIC nas PEMES é un éxito de participación, pois superouse a cota máxima de vacantes e hai lista de espera
– O sector alimentario e o hoteleiro son os maioritarios entre as empresas adheridas, seguidos da restauración, o comercio e os servizos de lecer
– A través deste programa, cofinanciado nun 89% polo Ministerio de Industria, o organismo lugués orienta ás firmas na implantación de medidas como a factura electrónica, venda por Internet, publicidade na Rede ou banca electrónica
O proxecto a través do que a Deputación fai auditorías e asesora gratis ás PEMES da provincia para que impulsen os seus negocios coas novas tecnoloxías é un éxito de participación, pois xa se esgotaron as 50 prazas previstas, e hai tres firmas en lista de espera. O Plan de Dinamización do Uso das TIC nas PEMES, financiado nun 89% polo Ministerio de Industria, potencia o uso das novas tecnoloxías nas empresas para que sexan máis competitivas, melloren a súa produtividade, reduzan custes e xeren emprego. Dos 108.000 euros de orzamento, a Deputación achega 12.000 e Industria os 96.000 restantes.
Grazas a este proxecto, enmarcado na aposta da Deputación polas PEMES e os autónomos, a institución luguesa ofrece, de xeito totalmente gratuíto para as firmas participantes, dous servizos:
– Por un lado, fai auditorías ás empresas para avaliar cal é o seu grao de incorporación ás novas tecnoloxías, e logo determinar as melloras que máis lle conveñen para impulsar a súa actividade ou incluso abrir novas oportunidades de negocio. Trátase de melloras como a conexión a Internet de banda longa; crear unha páxina web; implantar a factura electrónica, que reduce custes e tempo; a venda por Internet, que abre novos mercados por todo o mundo; facer publicidade na Rede, para aumentar as vendas, pero tamén fidelizar clientes; ou optar polas operacións bancarias a través da Rede (a banca electrónica) para axilizar pagos e cobros.
– Por outro lado, a Deputación ofrecerá ós empresarios asesoramento técnico personalizado, tamén a custe cero, tanto para elixir as mellores e máis convenientes ferramentas tecnolóxicas, como durante o proceso de incorporación das mesmas. Esta fase prevé arrancala a semana que vén.
Asumindo estes servizos -as auditorías e o asesoramento técnico- a Deputación aforra de media a cada empresa uns 2.500 euros, que é o que terían que pagar se tivesen que contratar a nivel particular estas prestacións. As empresas adheridas pertencen maioritariamente ó sectores alimentario e hoteleiro (en concreto representan o 80% das empresas adheridas), seguidos da restauración, o comercio e os servizos de ocio.
Por debaixo da media
A Deputación decidiu impulsar esta iniciativa porque, a pesar das vantaxes competitivas que levan consigo as novas tecnoloxías nas empresas, o seu uso nas firmas galegas de menos de 10 empregados -a gran maioría en Lugo- está por debaixo da media do Estado, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE). Dous exemplos: O 40% destas firmas non teñen conexión a Internet e preto do 75% non contan con páxina web, catro puntos por debaixo da media estatal.
Comercio electrónico e formación
As auditorías e asesoramento tecnolóxico gratuíto súmase a outras iniciativas que a Deputación ten emprendido para que as empresas lucenses aproveiten as vantaxes competitivas que supón utilizar as novas tecnoloxías. Deste xeito, puxo en marcha con fondos europeos a plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com na que a día de hoxe 50 empresas da provincia venden 200 produtos e servizos, e está a impartir un centenar de cursos con capacidade para 1.500 persoas nos que mostra como sacarlle o máximo partido ás TIC, tanto na vida persoal, como para atopar traballo ou impulsar un negocio.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



