O Campionato de Tute reunirá a 7 equipos conformados por un total de 60 persoas
-Os enfrontamentos comezarán o día 6 de novembro e terán lugar todos os martes e xoves, rematando antes do Nadal
Cervo, 23 de outubro de 2012-A participación para o XVIII Campionato de Tute Concello de Cervo mantense estable con respecto ao ano pasado. Un total de 7 equipos están confirmados nesta nova edición, o que supón que serán preto de 60 as persoas que competirán neste torneo, tendo en conta que cada equipo está formado por catro parellas.
Onte pola tarde tivo lugar a reunión de presentación dos quipos, unha xuntanza na que estiveron o alcalde, Alfonso Villares, os representantes dos establecementos hostaleiros vinculados a cada equipo, así como o coordinador da organización, Félix Fernández. Un encontro no que se deron detalles sobre o campionato e se anunciou o comezo dos enfrontamentos, fixado para o día 6 de novembro. As partidas xogaranse dende ese momento todos os martes e xoves a partir das 19:30 horas.
Os equipos que participarán nesta edición son: O Castelo, Mesón da Ría, Pizzería O Trasgo, Paulino, O Pedregal, Río de Oro e Camarote, e os enfrontamentos disputaranse nos propios establecementos de restauración. Este era precisamente un dos requisitos para poder inscribirse, contar cun local dispoñible para xogar as partidas, xa fose dunha asociación, dun club, ou dun bar ou restaurante do concello.
Neste caso, todos os equipos están adscritos a un local de restauración, co cal se cumpre un dos obxectivos desta cita cos naipes, como é “contribuír a dinamizar o sector hostaleiro de Cervo, onde se reunirán as parellas para xogar as súas partidas, dándolle vida e actividade aos locais” explica o rexedor. Ao mesmo tempo, este campionato tamén ten unha compoñente de “socialización, xa que fomenta as relacións e a convivencia dos xogadores, que comparten momentos de diversión e entretemento” remata Villares.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
