JUANMA SERÁ INTERVIDO O MÉRCORES DA SÚA HERNIA DISCAL
O capitán do Burela FS Pescados Rubén, Juanma Marrube, será intervido na Coruña o mércores para previr a posible recaída da hernia discal que sofre dende o mes de setembro. O neurocirurxián Manuel García Fantini será o responsable da operación do xogador, que ingresará mañá pola tarde no hospital Modelo para ser sometido a cirurxía o mércores pola mañá.
Despois de realizar diferentes probas e recibir opinión de varios especialistas, Juanma, apoiado polo CD Burela FS e o seu corpo médico, decidiu pasar polo quirófano para “eliminar a lesión e evitar molestias reincidentes”, desbotando a posibilidade do chamado tratamento conservador. “Probablemente é unha doenza coa que levo xogando anos, que non se manifestou ata agora. Cun tratamento conservador podería remitir, pero sen garantías de desaparición total; a opción da cirurxía, porén, é máis un pensamento de futuro, para atallar o problema”, xustificou deste xeito o xogador laranxa a súa decisión.
O alfocego amosouse “tranquilo e concienciado da doenza que teño e de como erradicala”. “É unha enfermidade bastante máis común do que me parecía no deporte, con excelentes resultados na cirurxía preventiva, como nos casos dos futbolistas Alberto Lopo ou Gonzalo Higuaín” dixo animado o capitán burelista, confiando “nas garantías de poder continuar coa miña carreira”.
Dous meses para reincorporarse
A intervención de Juanma terá unha duración aproximada duns corenta minutos. O proceso de recuperación, antes de reincorporarse á actividade deportiva, será de dous meses, período no que o pivote laranxa poderá pasear e facer exercicios de fortalecemento da zona afectada.
“Teño moitas ganas de volver, pero sen présa; o corpo irá marcándome o regreso” dixo Juanma, que durante o seu restablecemento cambiará a dedicación na pista polo apoio moral e anímico: “Seguirei totalmente involucrado na dinámica do equipo. Agora toca apoiar nos adestramentos, no vestiario e dende a bancada” concluíu o capitán burelao.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
