Mala xornada para os equipos base do C.D.Foz, onde só os Cadetes sacaron adiante o seu partido.Os INFANTÍS da Liga Galega, perderón no seu desplazamento a capital herculina, ante o Orillamar por 2-0.O equipo que dirixe Burunda fixo un mal partido, e os erros defensivos foron claves na derrota focega. Ocupan un cómodo decimoterciro posto na clasificación O vindeiro sábado visita o Martinez Otero o Deportivo da Coruña, no que pode ser un apaisioado encontro. Os CADETES, desplazaronse a Lugo para enfrentarse o San Roque, o que golearon por 1-12.Partido mui fácil para os pupilos de Oke, onde Gonzalo con seis goles, foi o principal estilete na goleada blanquibermella. Acompañaron con dous goles cada un, Germán, Asier e Dani.Os focegos comparten o liderato xunto co Viveiro C.F. e S.D.Ribadeo. Pola sua parte os XUVENIS, caeron goleados en Viveiro ante o líder, Praia de Covas por un contundente 4-0.Unha victoria e unha derrota deixan o equipo de Amarelo xusto no medio da taboa clasificatoria.Esperemos que milloren as cousas na vindeira xornada, e sempre Aupa Foz Aupa.
Mala xornada para os equipos base do C.D.Foz, onde só os Cadetes sacaron adiante o seu partido
