A VINDEIRA SEMANA EFECTUARÁSE A LIMPEZA DOS CONTEDORES DE RESIDUOS MIXTOS DE BURELA. O CONCELLO APROVEITARÁ TAMÉN PARA SUBSTITUIR OS QUE ESTÁN MÁIS DETERIORADOS, SEGUNDO PATRICIA LÓPEZ EIJO.
Burela, 19 de outubro de 2012. O Concello procederá a limpar os contedores de residuos mixtos a vindeira semana, segundo daba a coñecer esta mañá a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo.
Será a empresa concesionaria do servizo, Celtaprix, a que se encargue destes traballos. López Eijo explicou que “son un total de 390 os contedores que se van limpar estes días. Estas tarefas realízanse cada dous meses, excepto no verán que se fan cada mes para evitar cheiros nesa época do ano e para ter a vila o máis limpa posible”.
A edil popular indicou que “tamén a vindeira semana imos cambiar os contedores de residuos mixtos que están máis deteriorados por uns novos. E aproveitaremos para ubicar os contedores de vidro que se substituiron co novo sistema de reciclaxe en zonas nas que é preciso reforzar a recollida porque se xenera moito vidro. Ademáis imos substituir algúns contedores de vidro que se atopan rotos ou en mal estado”. Patricia López Eijo lembrou que “a limpeza dos colectores de vidro fáise dúas veces ao ano por parte da empresa concesionaria da recollida dos envases de vidro, que é Ascan”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



