O Concello de Mondoñedo levou onte a pleno extraordinario a aprobación do orzamento 2012
Os Populares votaron en contra duns orzamentos municipais “extemporáneos que amosan a falta de proxecto do equipo de goberno municipal”
O Grupo Municipal manifesta a súa preocupación ante esta aprobación tardía dos orzamentos, o que conlevou a inexistencia durante a anualidade dunha folla de ruta de traballo para o equipo de goberno municipal
Os populares denuncian a falta de proxecto e a desilusión do rexedor local de Mondoñedo, que ademais de non planificar unha proxección de futuro para o concello provoca que o consistorio perda servizos
O PP municipal esíxelle ao equipo de goberno local que cumpra cos seus deberes e que se esforcen por reinventar e planificar iniciativas novas para Mondoñedo e non só por presentar un presupostos como un mero trámite, regulado por lei
Mondoñedo, 23 de outubro de 2012- Durante a celebración dun pleno extraordinario no que os populares tamén agradeceron a labor desempeñada pola secretaria municipal que deixa o consistorio local para exercer o cargo na Pontenova; o Partido Popular da localidade xustificou o seu voto en contra a uns orzamentos “extemporáneos”, que evidencian a “falta de proxectos e o acomodo” do equipo de goberno.
Os populares de Mondoñedo consideran que a aprobación dos orzamentos é impropia nestas datas do ano, cando quedan pouco máis de dous meses para o peche do exercicio económico. A portavoz do Partido Popular local, Elena Candia, explica que os orzamentos son a folla de ruta do equipo de goberno de calquera institución pública, sendo o documento que permite planificar a inversión de diñeiro público.
Importancia da aprobación no seu tempo dos orzamentos
A popular cualifica ao orzamento como o mellor instrumento para coñecer os proxectos que se materializarán nese concello durante a anualidade, polo que esta tardanza na aprobación preocupa aos populares, xa que amosa a falta de proxectos e a desilusión do equipo de goberno do concello de Mondoñedo. “O estancamento e o acomodo que sufre o señor alcalde” está a prexudicar a un municipio no que non se están a materializar proxectos, nin se coñece a proxección futura de investimento no municipio, explica Candia. A aprobación extemporánea dos orzamentos “non vén a dicir a inversión de diñeiro público” para a anualidade, reincide.
A portavoz popular asegura que é imprescindible unha actitude máis construtiva que redunde no beneficio do pobo. A aprobación dos orzamentos neste momento evidencia a súa presentación como un mero trámite, deixando patente a desilusión e o pouco empeño do equipo de goberno por reinventar novas iniciativas no municipio.
Falta de esforzo e traballo
Para a portavoz popular, o traballo dun alcalde non se pode resumir simplemente en cumprir estritamente co que se recolle na lei. “É un momento necesario de esforzo e de traballo e trátanse ineludiblemente de deberes que só o rexedor local e o equipo de goberno poden facer”, procurando así, máis traballo e implicación para desengomar proxectos e compromisos para Mondoñedo.
Os populares non só critican esta actitude carente de ideas, de proxecto e sen rumbo para Mondoñedo; senón que a deixadez de funcións do rexedor local conleva perda de servizos e citan o caso da educadora familiar, cuxo custo viña cuberto pola Deputación Provincial de Lugo tal e como regula o decreto de Servicios Sociais. “Se esta xestión a promulgara un goberno popular, a mobilización xa estaría na rúa”, explica Candia.
Na orde do día tamén se recolleu a aprobación dun expediente de depuración de saldos, tal e como o solicitaran os populares no pasado pleno, dada a exposición pública dunha contabilidade que o propio equipo de goberno cualificou de “ficticia”. Os populares agradeceron esta xestión por parte do concello froito dunha reivindicación do PP. O PP co obxecto de non entorpecer, abstivéronse no voto ao non ter información sobre algúns dos expedientes que deron lugar a esa eliminación de obrigacións de dereitos pendentes de cobro e a cancelación de obrigacións pendentes de pago.





















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



