AS CONCELLARÍAS DE CULTURA, IGUALDADE E MOCIDADE POÑEN EN MARCHA O PROGRAMA RIBADEO UNHA VILA PARA A CONCILIACIÓN, QUE SE DESENVOLVERÁ TODOS OS VENRES E SÁBADOS DO MES DE NOVEMBRO. TRÁTASE DE ANIMAR Á LECTURA AOS MÁIS PEQUENOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL.
Ribadeo, 30 de outubro de 2012. As Concellarías de Cultura, Igualdade e Mocidade poñen en marcha o programa Ribadeo unha vila para a conciliación, que se desenvolverá todos os venres e os sábados pola tarde do mes de novembro.
A edil de Igualdade e Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que “desde o Centro de Información á Muller, desde as áreas de Xuventude e de Cultura do Concello de Ribadeo iniciamos un novo programa de animación á lectura para traballar dunha maneira dinámica e activa cos contos na nosa biblioteca municipal”
A concelleira nacionalista explicou que “para aqueles nenos e nenas que queiran asistir comeza este venres, día 2 de novembro, e rematará o 24 de novembro, sábado. Hai un programa que será os venres 2, 9, 16 e 23 de novembro, onde os máis pequenos, os nenos de 3 a 6 anos, na biblioteca a partires das cinco e media da tarde van traballar cunha serie de contos, neste caso a través dunha personaxe que é unha toupiña na primavera, no verán, no outono e no inverno. É unha forma dinámica e activa de achegarnos á lectura, á literatura infantil, e de pasar un rato divertido nesta media hora activa”. Esta parte do programa recibe o nome de A contar e cantar con Patas de Peixe.
Álvarez Lastra indicou que “para os nenos maiores de 6 anos, na biblioteca tamén pero os sábados de cinco e media a seis da tarde, imos facer os días 3, 10, 17 e 24 de novembro outras tardes de animación á lectura noutro tramo de idade e por suposto con outro tipo de contos diferentes, neste caso imos traballar con A vaca que puxo un ovo, Na busca dun fogar, O incrible neno devorador de libros e Coidado, extraterrestres”.
A concelleira de Igualdade e Cultura dixo que “se trata dunha maneira de achegar aos nenos e as nenas á nosa biblioteca municipal, por unha banda, de ter un tempo de lecer e de achegamento aos libros dunha maneira activa a través do xogo e de contacontos e, sobre todo tamén, para ter un rato onde os cativos e os seus pais gocen desta actividade”.
É unha actividade gratuíta e totalmente aberta. Está publicitada na páxina web do Concello, das diferentes áreas, así como nun programa impreso co que poden facerse tanto na biblioteca municipal como nas outras instalacións administrativas do Concello para poder seguir o calendario.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



