Voluntarios de Alcoa constrúen un xardín para os veciños de Lieiro
Voluntarios Alcoa San Cibrao farán un xarín mañá, 26 de outubro, nas zonas verdes e acondicionarán o local da sede da Asociación de Vecinos de Lieiro. Fundación Alcoa doará 3.000 dólares á asociación veciñal, como mostra do respaldo da compañía a esta iniciativa solidaria dos seus traballadores.
Os voluntarios de Alcoa, membros da asociación e veciños realizarán labores de roza das zonas que rodean a sede social, podarán as árbores existentes, recollerán todos os obxectos alleos á contorna natural, plantarán dúas manzairas, arbustos decorativos e flores, como hortensias, formios, fotinias e coprosmas.
Ademais, os voluntarios limparán o local e clasificarán e identificarán con letreiros o material do almacén. Para rematar, ensinarán aos membros desta asociación a sistematizar a nova forma de organización aplicada polos voluntarios de Alcoa. Ao finalizar as tarefas, todos os participantes compartirán nunha merenda.
Unha vez completadas as tarefas, o espazo quedará habilitado para uso e goce dos veciños desta parroquia de San Cibrao. Esta actividade quere contribuír ademais a fomentar o respecto e coidado do medio ambiente, e serán os propios veciños os encargados do mantemento do novo xardín.
A Asociación de Veciños de Lieiro foi creada en 1977, conta con 60 socios, veciños da parroquia de San Cibrao, onde realiza actividades culturais e lúdicas en beneficio dos veciños da zona, como visitas a museos e exposicións, cursos de informática, campionatos de xogos populares, ademais doutras accións en beneficio da comunidade.
Con esta actividade, os voluntarios da fábrica de Alcoa en San Cibrao completan o seu programa de actividades do Mes do Voluntariado que a compañía celebra en todo o mundo no mes de outubro, ao longo do cal os traballadores intensifican as súas actividades solidarias. O programa dos voluntarios de San Cibrao incluíu a creación dun xardín na parroquia de Lago en colaboración coa Asociación Granda, a construción de mesas sementeiros para as persoas con discapacidade acollidas no Centro Asistencial San Pablo e San Lázaro de Mondoñedo, o acondicionamento do taller de carpintería da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña e esta actividade de axardinamento da sede social da Asociación de Vecinos de Lieiro.
Fundación Alcoa susténtase dos seus propios activos financeiros e non dos beneficios de Alcoa. O seu principal obxectivo é mellorar a calidade de vida nas comunidades nas que a compañía está presente. Alcoa promove e apoia o voluntariado solidario e a acción social na comunidade dos seus empregados, para o que conta con programas específicos, os plans Acción, Bravo e Alcoans in Motion.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



