Unifoz, quere mostrar o seu malestar por que o Sr Alcalde, non convocou aos técnicos nin da Empresa concesionaria, nin de Augas de Galicia para a xuntanza de portavoces do día de onte, onde se decidía a solución ao tratamento das augas residuais para Foz.
Unifoz, entende que era moi importante a presenza dos técnicos para respostar ás dudas xurdidas ,así como para aportar solucións ,pero o E.G. do PP de Foz, non quere opinións técnicas, so quere poñer a EDAR en Sarrido e todo o resto non lle preocupa.
Unifoz, pediu na xuntanza (e así consta en acta), que o Sr Alcalde solicite informe por escrito tanto da empresa concesionaria como de Augas de Galicia sobre as garantías de que en caso de decidir mellorar a EDAR de Foz nas condicións que marca o estudio, os veciños non terán cheiros , así como a contaminación cero da nosa ría.
Para Unifoz, estes informes por escrito son decisivos, pois queremos que conste por escrito as garantías de funcionamento e especialmente as dimensións das instalacións, para non caer en errores do pasado.
Para Unifoz a decisión de mellorar a EDAR de Foz, é unha decisión que supoñerá un aforro de máis de 1.200.000 euros e de forma particular de máis de 200.000 € para os veciños de Foz.