A Deputación ofrece ós gandeiros un curso gratuíto de adestramento de cans Border Collie para o pastoreo
– José Fernández presentou hoxe a xornada que se desenvolverá o sábado en Santalla de Rioveso, en Cospeito, para dar conta dunha técnica que facilita o traballo destes profesionais
– Gran parte dos gandeiros de Navarra, País Vasco, Cataluña e dos Pirineos franceses pastorean con esta raza porque, deste xeito, unha soa persoa pode desprazar un rabaño de 700 cabeza. Na provincia, só o 25% dos profesionais teñen Border Collie preparados para o pastoreo
– O recoñecido adestrador Alejandro Ibarre Artus impartirá esta xornada, con prazas limitadas a 10 e a disposición dos interesados no 660-54-15-34 ou en victordagrelo@hotmail.com
O Deputado de Economía Rural e do Mar, José Fernández, presentou este xoves en Santalla de Rioaveso, en Cospeito, o curso “Adestramento de cans Border Collie de pastoreo”, que a institución provincial desenvolverá este sábado en dita localidade chairega. José Fernández, que estivo acompañado do organizador desta xornada, Víctor Piñeiro, explicou que o organismo lugués ofrece ós gandeiros da provincia esta iniciativa de xeito gratuíto co fin de darlles conta dunha técnica que facilite o seu traballo.
O pastoreo con Border Collie é unha técnica moi empregada, principalmente, por gandeiros de Navarra, País Vasco e Cataluña, así como na zona francesa dos Pirineos porque posibilita que unha soa persoa poida desprazar un rabaño de ata 700 cabezas. En Lugo, só o 25% dos profesionais teñen cans preparados para o pastoreo malia que hai máis de dúas décadas moitas explotacións teñen Border Collie, a raza mellor valorada en Europa para pastorear.
O curso, que é totalmente práctico, será impartido por Alejandro Ibarra Artus, un recoñecido adestrador e criador de Border Collie, procedente de Navarra. Este profesional amosará ós participantes cales son as pautas para iniciar no pastoreo a un can de entre 5 e 10 meses, así como as de perfeccionamento.
Durante a xornada, que se prolongará durante todo o día, concretamente, dende ás 09:30 horas e ata ás 13:30 horas pola mañá, e dende ás 15:00 horas e ata ás 19:00 horas pola tarde, tamén se proxectarán, xa pola noite, vídeos nos que se amosarán as técnicas que empregan diferentes profesionais para pastorear con estes cans en función do territorio ou do animal.
As prazas deste curso son limitadas a 10. Todos os interesados poden formular a súa solicitude, chamando ó 660-54-15-34, ou ben enviando un correo electrónico a victordagrelo@hotmail.com.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



