CUNQUEIRO EN SAN MARTIÑO
O 11 de novembro de 1967, hai xusto 35 anos, día de San Martiño, visitaba o cenobio o insigne mindoniense quen pronunciou unha alocución, coa brillantez e a galanura nel habitual. Tratábase de festexar o remate das obras de conservación e restauración que, dende había un ano, viñan realizandose na igrexa e o seu contorno, por iniciativa da Dirección Xeral de Belas Artes, dirixidas polo eximio arqueólogo da USC, Manuel Chamoso Lamas. Autoridades, xentes da cultura, e un numeroso público, ocupaban a praza da fonte da Zapata onde o ilustre tribuno, en fermosos parágrafos, ponderou o valor histórico e artístico do templo, cuxas pedras dixo, en belida metáfora “parecen labradas por manos imposibles”, “ pues se hace verdad la frase de Ruskin, según la cual en las catedrales los ángeles ponían su mano en una voluta, o un capitel, para expresar de modo admirable algún misterio. Quizás aquí ángeles cantores dieron lecciones a los que labraron este templo”. Ante tanta beleza coa que Cunqueiro describe o grande interese da igrexa, preguntamos ¿qué pensaría o xenial escritor se hoxe levantara a cabeza e se atopara coa barbarie que reflicte este canto á incultura, e da anti estética dos retretes ubicados como antesala do monumento, que rachan con toda harmonía de estilo e de materiais e mesmo danan a vista?, ¿e do insulto ás pedras milenarias “labradas por manos imposibles” que cantou o autor de “Merlín e familia”? Cando obra tan agresiva ós valores da arte e da historia, entón auspiciada pola Deputación, se levou a cabo, contou co beneplácito da Corporación Municipal e o seu equipo de Goberno defendeona a capa e espada. Só a Asociación de Veciños da parroquia alzou a voz ante o atropelo, presentando un proxecto alternativo sensato, respectuoso co contorno; pero quen manda non roga e aí quedou (¿a perpetuidade?) para vergoña propia e escándalo de alleos, como a cotío constatamos, aínda que de cando en vez os nosos políticos non reparen en declararse “amantes” e mesmo “defensores” do patrimonio cultural. Non é doado atopar incoherencia semellante.¡ Se Cunqueiro levantara a cabeza…!
Suso Fernández






















Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



