Gran fin de semana do fútbol-base do C.D.Foz, que acadou os tres triunfos nas distintas categorias.O sábado pola maña, no Martinez Otero os INFANTIS sacaron adiante o partido ante un bó Xuventude de Oroso, que o puxo mui dificil.O primeiro tempo rematou con un gol a cero, xogandose o partido de poder a poder.Nada máis sair dos vestiarios Antón que xa anotara o primeiro fixo o segundo gol focego n
unha boa contra.Despois veu a expulsión de Iñaki, que deixou o equipo en inferiodidade faltando media hora longa para o remate.Os visitantes viñeronse arriba e apretaron moito marcando o seu gol xa no derradeiro minuto.Gran victoria dos de Burunda, que deixan o equipo nunha comoda decimoquinta posicion aloixado dos últimos postos.Agora fai falta sacar puntos fora para dar un subidon na tabla clasificatoria.Os CADETES de Oke, xogaron o domingo no Valadouro nun pésimo terreo de xogo do campo do Arbol, ante un floxo rival, pechacancelas da categoria, que ainda non sabe o que é anotar un gol dende que empezou a tempada. O resultado de 0-10, xa fala por si solo, e puideron ser moitos máis si estiveran finos os rapaces.Germán(3), Gonzalo(2), Dani(2), Anxo, Asier e Abel foron os autores da goleada.O sabado pola tardeos XUVENIS, xogaron en Mondoñedo ante o Luorenza-Mondoñedo, e sacaron o partido adiante con un comodo 0-3.Despois de unhos primeiros vinte minutos disputados, os de Amarelo colleron as rendas do partido e foron superiores o seu rival.Jacobo con dous goles e Bouso foron os autores da goleada focega.A seguir asi e sempre Aupa Foz Aupa.
FOTO: German anotou tres goles ante o Valadouro.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 
