“FIRMA DE CONVENIO ENTRE A ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA E A OBRA SOCIAL LA CAIXA ”
Mañá, 8 de novembro, a Presidenta da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”, Dna. María Iris Castro Meitín e mailo Director da oficina de La Caixa de Burela, D. Alberto García Novo firmarán un convenio de colaboración entre as entidades.
O proxecto presentado pola Asociación de Axuda ó Enfermo Mental para a consecución do programa “Escola de familias de persoas con enfermidade mental”, que se presentou á convocatoria de la “Obra Social La Caixa”, foi seleccionado e aprobado, polo que a colaboración económica otorgada foi de 10.000€.
A firma do convenio terá lugar ás 17:00 no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela, así D. Alberto García Novo conocerá as instalacións ademáis de o persoal que se encarga directamente deste proxecto.
A consecución deste programa redundirá moi positivamente no vínculo familiar, favorecendo a comunicación e axudando a solventar os problemas cotiás cos que se poden atopar. Polo tanto, axudar ás familias das persoas con enfermidade mental a coñecer a enfermidade , colaborando no proceso de consecución da estabilidade e rehabilitación do seu familiar, debe ser o obxetivo prioritario.
A Directora Técnica Xeral de “A Mariña”, Dna. María José Nóvoa agradece a colaboración continua entre a “La Caixa” e quere resaltar que estes programas axudan á consecución da nosa misión: “Mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas de enfermidade mental crónica e as súas familias”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



