FEIJOO CULPÁVEL DE QUE SE TIVERA DE TIRAR O LEITE E DE QUE SE PERDERAN MAIS DE 4 MILLÓNS DE EUROS.
Principio de acordo confuso e sen compromisos, e que ademais chega tarde.
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2012. Hoxe cumpríronse dous días desde que se iniciou a chamada folga do leite e o balanzo da mesma concretase en que se deixaron de entregar aproximadamente uns 13 millóns de litros de leite o que equivale a uns 4 millóns de euros.
O ter de chegar a esta situación, para a Federación Rural Galega – FRUGA, evidencia o fracaso total da política agro-gandeira levada a cabo polo Goberno Galego presidido polo señor Feijoo.
É bo lembrar que antes de chegar Núñez Feijoo á presidencia da Xunta os prezos do leite na Galiza eran superiores aos prezos percibidos no resto do Estado español e mesmo na Francia, país directamente competidor do noso leite. Transcorrida unha lexislatura baixo o seu mandato os prezos do leite percibido pelas granxas galegas son os mais baixos do Estado español e da UE.
Esta situación é produto da política levada a cabo polo PP de Galiza no goberno. Política que se traduce na destrución de todos os instrumentos dos que se tiña dotado o sector. Así a Mesa do Leite, foro de interlocución, so se reuniu tres veces en toda a lexislatura; o Observatorio lácteo foi utilizado con fins estatísticos deturpándoselle a función para o que fora creado; o contrato homologado de Galiza, que se asentaba nos datos proporcionados polo Observatorio, non foi implantado; e o Banco de Terras de Galiza conxelado, así durante o que vai de ano rexistráronse 400 solicitudes e non se resolveu ningunha; tampouco se actuou con decisión contra as grandes áreas comercias que teñen o leite como produto reclamo e desaproveitouse a ocasión que brindou o abandono da planta de Outeiro de Rei por parte do grupo Pascual para constituír o xerme do que ten de ser o grande Grupo Lácteo Galego.
Por intereses partidarios, no seu momento, decidiuse adxudicar a planta de Outeiro de Rei a un reducido grupo de cooperativas lideradas por persoas ligadas directamente ao PP en detrimento de outras ofertas mais solvente. A situación deste proxecto, nestes momentos, é de completa quebra, polo que se fai imprescindíbel depurar responsabilidades políticas e económicas para logo proceder ao seu saneamento e a partir de aí dar os pasos necesarios para constituír, xunto con outros proxectos, o imprescindíbel Grupo Lácteo Galego.
A renuncia da Xunta de Galiza a liderar o sector leiteiro español é a causa fundamental da situación crítica que estamos a padecer, cos prezos mais baixos de toa Europa e cos custe de produción disparados. Esta é o motivo que levou ao sector a convocar a folga do leite. Denunciar esta situación e demandar medidas que a revertan.
Desde FRUGA demandamos da Xunta de Galiza, e en concreto do seu Presidente, a súa intervención directa no establecemento das regras de xogo claras e de obrigado cumprimento que permitan saber o papel que desempeñan cada un dos actores que fan parte do sector e que por outra parte permitan alcanzar un nivel de vida digno ao sector produtor, e que non se limite exclusivamente a proporcionar un local para celebrar as negociacións. Neste sentido reclamamos que se constitúa un marco galego de negociacións: Galiza produce, Galiza decide.
Á espera de coñecer os datos concretos do pre-acordo ao que se chegou a noite pasada, FRUGA valora que este é un fracaso do Presidente da Xunta porque para chegar a este acordo houbo moito tempo antes sen ter que esperar a que se levara a cabo unha folga do leite na que se tiveron de tirar mais de 13 millóns de litros o que equivale á perda de mais de 4 millón de euros por parte das granxas galegas. De todas as maneiras esperamos que a suba do prezo do leite que se promete con este acordo sexa aplicada inmediatamente, que sexa suficiente cando menos para cubrir custes de produción e que teña unha duración no tempo que permita recuperar as depauperadas economías das granxas galegas
























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



