O CONCELLO INVESTIRÁ 200.000 EUROS EN MELLORAR A REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA QUE VAI DESDE A DEPURADORA DE SAN MIGUEL ATA O CENTRO DA PARROQUIA E CONSTRUIRÁ UN DEPÓSITO DE 200 METROS CÚBICOS EN SANTIAGO DE REINANTE. ASÍ O ANUNCIOU NO PLENO DE ONTE O ALCALDE, ALFONSO FUENTE.
Barreiros, 27 de novembro de 2012. O Concello investirá 200.000 euros en mellorar a rede de abastecemento de auga que vai desde a depuradora de San Miguel ata o centro da parroquia. Así llelo anunciaba no pleno de onte o alcalde, Alfonso Fuente, aos veciños asistentes. Na orde do día figuraban tres puntos: aprobación das actas de sesión anteriores, aprobación das bases para cubrir a praza de secretaría-intervención e rogos e preguntas. Fuente Parga acusou á portavoz do BNG de tentar confundir aos veciños e pedíulle á oposición que non cambie o seu criterio de voto en función da asistencia de xente aos plenos.
O rexedor dixo que “se pediu que un escrito da asociación de veciños de San Miguel fose tratado coma unha moción. Os puntos que abordaba eran a suba de taxas e impostos no concello e a modificación dos colexios vellos de San Miguel. Entendíamos que eso non era para plantexar como moción senón coma unha pregunta, había bastante afluencia de xente no pleno e eu o que quería era informar a eses veciños. Pero informalos non quere decir que ese asunto teña que ser tratado como moción, porque como tal xa foi abordada o 25 de outubro de 2011, sometéuse a votación naquel momento e agora non ten sentido traelo de volta a debate, cando xa se están aplicando as medidas acordadas”.
Alfonso Fuente explicóulles aos veciños que acudiron á sesión plenaria a qué se deben os incrementos que se lles están aplicando. Ao alcalde parécelle “demagóxico que agora a oposición, PSOE e BNG, que votaron nalgúns casos a favor deses incrementos e noutros se abstiveron e argumentaron tamén que as subidas chegaban tarde por parte do Bloque Nacionalista Galego, ou o PSOE que viña decir por qué non se fixera esa suba de xeito progresivo, entendendo que non estaban en contra da suba e actuando de forma consecuente e realista coa situación actual”. Ao rexedor o que máis lle preocupa “é que a portavoz do BNG, Ana Ermida, tentase confundir ao veciños coas taxas e impostos, e xa lles expliquei que todo o que se recauda de tasas, que son os incrementos que hai na auga e pola rede de sumidoiros, só se pode destinar a eses servizos. Que ninguén pensé que esas taxas irán destinadas a pagar outras necesidades e outros servizos do Concello porque non é así. A lei non permite que teñan outro destino”.
O alcalde barreirense recoñeceu que “sí se subiu a auga, pero no último recibo entrou a suba do IVE, que non a subiu o Concello, e entrou o canon da auga, que non o puxo o Concello de Barreiros. O Concello non subiu o lixo e empezou a cobrarllo a aqueles que non o pagaban porque non estaban conectados á rede de auga. Se está a mellorar moito a xestión. Axustar os prezos conleva melloras na rede. Se leva traballando moito na rede, se cambiou moita rede que era de uralita e tiña moitos anos e se gastaron 200.000 euros en limpar e mellorar o embalse de San Miguel de Reinante. Levaba 20 anos sen actuarse alí e agora está a dar o doble de auga que anteriormente”.
Fuente Parga subliñou que “desde 1990 non se lles tocara a estas taxas, pero a luz subiu, o prezo do cloro tamén se incrementou, pero nunca subira esa taxa o Concello. Agora para manter o servizo había que aplicar eses incrementos ou deixar de prestalo. Se lles anunciaba aos veciños unha nova obra que se vai acometer desde a depuradora de San Miguel ata o centro de San Miguel porque hai unha tubería que ten moitos anos e nos consta que sofre pérdidas nese traxecto. E se gastarán outros 200.000 euros en mellorar esa rede. Pero non nos quedamos aí porque imos construir un depósito de 200 metros cúbicos na parroquia de Santiago de Reinante para que non nos pase o que nos pasou este verán, porque aínda que foi durante poucos días, o que non quere este alcalde é que ningunha casa quede sen auga nin un só día. Para poder realizar estas obras só hai unha forma que é axustar os ingresos. As obras costan o que costan”.
O rexedor manifestou que “o que ten que facer un político serio é non cambiar o seu criterio de voto porque haxa máis ou menos xente no salón de plenos. Hai que votar consecuencia e un político ten que saber o que hai que facer , saber as decisións que hai que tomar. E hai que asumir esas decisións”.
O Concello ten feito un cálculo medio da reparación de fugas, incluindo sábados e domingos, na rede de auga. “Non o ten ningún outro concello porque os demais teñen privatizado o servizo, nós non. E estamos facendo moitas melloras na rede de auga. Tamén se falou da turbidez da auga e expliqueilles que cando eu abro a billa da miña casa tamén sei si teño turbidez ou non na auga, xa o sei ao mesmo momento, non ten que vir a oposición a dicirme si sae turbia ou non a auga. Eu vivo aquí e tamén sufro cando hai turbidez na auga e tamén se lles explicou o por que: desde fai un tempo non nos deixan utilizar un tipo de floculante que está prohibido agora para a auga e esta claro que como alcalde non vou permitir que se bote ningún produto na auga que estea prohibido, aínda que saia turbia. E agora parece que hai outro floculante, que se di de almidón, que parece ser que esta autorizado e que vamos probar con el para eses días nos que a auga ven revolta, para que saia cristalina. Pero está claro que hai que cumprir unhas normativas e prefiro que a auga chegue un pouco revolta a algunha casa antes de que chegue con produtos non permitidos. Eu non sei como fan os demais pero eu sei o que teño que facer no meu concello e está claro que estamos mellorando incluso na calidade dos servizos”.
Vellos colexios de San Miguel
Sobre os arranxos que se están a realizar nos vellos colexios de San Miguel, Alfonso Fuente, indicou que “se está a facer obra, houbo que cambiar o proxecto e xa se informou. A Antonio Veiga lle volvín a agradecer públicamente o convenio asinado entre a Deputación e o Concello para poder arranxar ese edificio, porque era a única parroquia que non contaba cun centro para uso e disfrute dos veciños. Cando se sacaron os techos dese edificio víuse que había vigas danadas, cando se sacou o suelo víuse que había que sanear todo e por eso houbo que cambiar o proxecto”. O alcalde engadiu que “o edificio quedará moi digno, contará con todas as prestacións necesarias e si non chega a partida de 300.000 euros será o Concello o que aporte a diferencia. Calquera convenio que se asine está sometido á intervención do Concello e si o Concello non certifica esa obra por 300.000 euros a Deputación de Lugo non os pagará. Que non lle quepan dudas a ninguén. Sabemos que eses cartos non van chegar, pero o Concello poñerá a diferencia porque queremos que ese edificio quede ben. Nós non estamos en contra dese inmoble, ao contrario, o Concello asumiu a titularidade dese edificio cando necesitaba unha reparación cando menos deses 300.000 euros. Todos os veciños saben que non é o mesmo facer unha obra nova, que arranxar algo vello porque hai cousas que van aparecendo e que hai que ir facendo”.
Sobre as acusacións ao alcalde porque “non deixaba participar” Alfonso Fuente dixo que “o alcalde deixa participar e, é máis, no Concello de Barreiros nunca se limitou o tempo a ninguén, falan os portavoces e os que non o son, se permite a participación de todo o mundo, o que non permito é demagoxias e que se intente enganar aos veciños, iso é o que non permito e non o vou permitir nunca e vou tomar as decisións que teña que tomar sempre en beneficio do Concello de Barreiros e non en beneficio duns poucos señores para unha rendibilidade política. Estamos para gobernar e quero dicirlle á oposición que as eleccións están moi lonxe. Vamos dedicarnos a traballar polo Concello de Barreiros e deixémonos de demagoxias e de darlle voltas ás cousas, porque eu creo que así non vamos chegar a nada. Traballemos todos no mesmo sentido e é o que intentamos, eu quero que isto saia adiante”.
Onte foron aprobadas as bases para cubrir a praza de secretaría-intervención do Concello toda vez que a titular cesou no posto de traballo. “Pensamos que este posto non se debe seguir cubrindo en acumulación parcial, senón que o Concello debe contar con secretario/a-interventor/a a tempo completo. As bases se publicarán en marzo e se sacará a concurso esa praza”, dixo o rexedor.
Mocións
No capítulo de rogos e preguntas foron abordadas dúas mocións presentadas polo BNG “o mesmo día da celebración desta sesión. Se votaron as súas urxencias e non houbo problema algún”. Unha das mocións era sobre a violencia de xénero “nós, desde o equipo de goberno, pedíamos que se modificasen os puntos de acordo porque xa Xunta e o goberno do Estado están a traballar contra esa lacra social. Non quixeron cambiar ditos puntos, do que se trata é de atacar ao PP, parece que se olvidan de que o que hai que defender son as persoas. E entón votamos en contra”, seguiu a relatar o alcalde.
A outra moción que se debatiu no pleno celebrado onte en Barreiros era de apoio ás movilizacións do sector lácteo, presentada tamén polo BNG. Fuente Parga dixo que “nos sorprendeu que agora para o BNG os tres sindicatos están nacionalizados en España, ata culparon ao propio Sindicato Labrego Galego de estar vendido aos intereses do goberno do Estado”. O rexedor lembrou que “nós onte mesmo recibimos unha carta dos sindicatos agradecendo a colaboración dos concellos e pedindo o apoio a estas movilizacións dos gandeiros. Tamén pedimos neste caso incluir unha serie de puntos de acordo esixíndolles á Xunta e ao goberno do Estado que axilicen os contratos homologados e que se solucione o problema que teñen os gandeiros agora mesmo co prezo do leite. Plantexamos toda esta cuestión baseándonos en que a Cooperativa Os Irmandiños pensaba que esta folga, a de hoxe, non é a solución, senón que hai que chegar a outras solucións. Nós tiñamos claro que non iamos ir en contra da vontade dunha cooperativa coma ésta de Irmandiños, que aglutina a maior parte dos gandeiros do noso concello”. O equipo de goberno entende que “éste non é momento de facer unha folga e votamos en contra da moción do BNG. Somos conscientes dos problemas que sofre o sector gandeiro, saben de onde ven derivado e hai que poñerse todos na mesma liña a traballar”.
Para Fuente Parga “é moi fácil cando o Concello sube unhas taxas facer unha manifestación. Entendo o enfado dos veciños que o fixeron pero eu me pregunto: ¿cando Begasa nos sube o recibo da luz por qué non nos manifestamos todos diante das oficinas das eléctricas, porque iso si que nolo soben continuamente a todos?, tamén ao Concello Eu entendo o enfado ás veces dos veciños cando soben taxas. O ideal e o bonito para calquera alcalde sería baixalas, pero o consecuente e o que hai que facer en cada momento depende da situación, que é a que é e desde a oposición, ás veces con moita demagoxia, faise todo. Pero hai o dito ese que non é o mesmo predicar que dar trigo e nós estamos agora na posición de goberno e o que estamos facendo é gobernando”.