O COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO “ARRINCA” O III ROTEIRO FOTOGRÁFICO O VINDEIRO 3 DE NOVEMBRO
Farase un percorrido polas parroquias do sur do concello barreirense, con saída ás 11h. do albergue de Gondán.
O Colectivo Cultural Ollomao pon en marcha o III Roteiro Fotográfico deste ano. O obxecto destas xornadas é dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio natural e a arquitectura popular barreirense, así como todos os rincóns da xeografía do Concello, á vez que ofrecer un espazo de participación para as persoas amantes da natureza e/ou aficionadas á fotografía.
Nesta ocasión o percorrido farase polo sur do concello barreirense: o punto de partida está sinalado no Albergue de Gondán (Barreiros), ás 11:00h. da mañá, subida ao Morteiro, paso polo Valdocaínzo e Ibia, parada para xantar en San Xusto e volta a Gondán. Prevese unha duración máxima de 3 horas engandindo a pausa para a comida, da cal debe ir provisto cada participante. Esta actividade está aberta a todos/as os/as interesados/as tanto de Barreiros como de outros concellos, é libre e de balde para todas as persoas interesadas, e non é preciso apuntarse por adiantado.
Todas/os as/os interesadas/os en participar nestas e outras actividades do Colectivo poderán consultar máis información no blog: http://www.blogoteca.com/ollomao/, e a través do Facebook, no perfil http://www.facebook.com/colectivoculturalollomao, ou ben poñerse en contacto co colectivo no enderezo electrónico: colectivo.cultural.ollomao@gmail.com.