VISITA DO PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA A BURELA PARA ASINAR CO ALCALDE UN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENCAMIÑADO A REALIZAR OBRAS DE ACONDICIONAMENTO NOS ACCESOS Á PRAIA DO PENAOURAL.
Burela, 22 de novembro de 2012. Alcalde e presidente de Portos de Galicia asinaron este mediodía un convenio de colaboración para realizar obras de acondicionamento no entorno da praia do Penaoural.
O rexedor, José Mª González Barcia, explicou que “hoxe asinamos con José Juan Durán, presidente de Portos de Galicia, un convenio para a realización por parte do Servicio Provincial de Costas e a proposta do Concello de Burela dunhas obras de acondicionamento no entorno da praia do Penaoural”. O alcalde subliñou que “se trata dun areal moi concurrido no verán e os accesos non estaban nas condicións que entendemos que deberían ter. Procedimos a solicitarlle autorización a Portos de Galicia para que nos faculte co obxectivo de poder realizar esas obras en colaboración con Costas”.
González Barcia sinalou que “ademais se está levando a cabo o procedemento administrativo para a realización en breve dun dragado de mantemento en determinadas áreas da dársena do porto de Burela para facilitarlles o traballo aos buques pesqueiros. Hai que ter en conta que este sector é unha actividade enormemente importante en Burela e polo tanto desde o Concello, como administración, estamos intentando por todos os medios axudar e colaborar con eles para que teñan as súas instalacións nas mellores condicións posibles”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



