O PSdeG de Lugo presenta iniciativas contra a violencia machista: “Os recortes poñen en risco as mulleres”
O concello de Vilaba vén de rexistrar unha moción con acordos que levará a pleno o día 30 e que o partido secundará no resto da provincia
O PSdeG-PSOE de Lugo presentará mocións e iniciativas nos concellos da provincia para denunciar que “a violencia de xénero está a caer no esquecemento” cuns gobernos do PP que “non sensibilizan e están a deixar de prestar apoio ás vítimas”. Así, o concello de Vilalba é un dos primeiros en sumarse e vén de rexistrar unha moción con varios acordos que levará a pleno o día 30. Ademais, os socialistas de Lugo súmase aos actos do partido en Galicia deste domingo en Piñor coincidindo co Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Os socialistas lembran os “drásticos recortes nos orzamentos da Xunta de Galicia, dun 79,5 % nas accións para a igualdade, protección e promoción da muller; importantes retrocesos lexislativos; supresión de estruturas como o SGI ou debilitamento dos Centros de Información á Muller (CIM,S); cunha clara perversión na execución do orzamento destinando unha boa parte ao apoio de redes ultraconservadoras que traballan na contra dos
dereitos das mulleres”. En definitiva, “unha clara política regresiva que pon en perigo os avances acadados nos últimos anos na loita contra a violencia de xénero”.
Ademais, no referente ao ano de goberno de Rajoy, “dende o ano 2011 o Presuposto do Goberno do Estado para a prevención integral da violencia de xénero viuse reducido nun 27%, máis de 8 millóns de euros”. Nos presupostos para o 2013, “mesmo o Goberno recortou nun millón de euros os Programas de asistencia social para mulleres vítimas e menores expostos á violencia”. O Observatorio de Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial xa fixo unha seria advertencia: os recortes son responsables de que moitas mulleres retiren a denuncia, posto que se encontran nunha situación de desprotección tras presentala. Polo tanto, podemos afirmar que estes recortes en políticas de igualdade están a poñer en situación de risco as mulleres e, con elas, as súas fillas e os seus fillos.
É por isto que o PSdeG-PSOE de Lugo presentará iniciativas neste sentido nos concellos da provincia. O de Vilalba é un dos primeiros que actuará ao respecto, e vén de rexistrar unha moción que levará ao pleno do vindiero día 30 na que presenta os seguintes acordos:
1.Este Concello comprométese a non reducir presupostos, servizos nin recursos para combater a violencia de xénero.
2. Instar á Xunta de Galicia a:
a. Axilizar os trámites necesarios para a inmediata posta en fucionamento do Centro de Recuperación Integral para mulleres vítimas da violencia de xénero, una obrigación incluída na Lei 11/2007, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero
b.Impulsar os órganos consultivos e de participación da Lei 11/2007, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, de xeito que cada órgano estea regulado de forma independente para garantir a súa comprensión e facilitar o control das súas actividades. Incorporando á composición destes órganos a representación de asociacións profesionais de igualdade e persoal técnico especializado en igualdade, así como profesionais que estean traballando no ámbito do tratamento da violencia de xénero, que son quen está a desenvolver no día a día o traballo técnico relacionado coa igualdade de mulleres e homes.
c. Definir a estratexia da Xunta de Galicia no ámbito da sensibilización e da prevención en contra da Violencia de Xénero.
d.Promover acordos para a formación de profesionais dos Medios de Comunicación para a mellora do tratamento informativo das situacións de violencia contra as mulleres.
e. Incidir en mecanismos de apoio de prevención e apoio ás vítimas para que as mulleres non se vexan forzadas a retirar a denuncia.
f. Mellorar a coordinación entre os órganos xudiciais e os organismos que deben procurar as medidas de asistencia e protección social reforzando o Punto de Coordinación das Ordes de Protección.
g. eforzar os servizos de atención a menores vítimas directas e indirectas da violencia de xénero na súa atención e a recuperación das súas secuelas, ao obxecto de romper o círculo da transmisión interxeneracional da violencia.
h.Que as axudas económicas recollidas na lei galega sexan abonadas ás mulleres vítimas de violencia de xénero, que acrediten formalmente as condicións establecidas, nun prazo non superior a 15 días.
i. Crear un programa específico para mulleres discapacitadas que sofren violencia de xénero, debido a súa situación de especial vulnerabilidade
j. Promover a responsabilidade social corporativa das empresas a fin de lograr unha alianza empresarial contra a violencia de xénero.
3. Así mesmo, instamos á Xunta de Galicia a esixir do Goberno do Estado que non reduza os presupostos, os programas, actuacións nin servizos dirixidos a combater a violencia de xénero e atender ás mulleres.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



