56 dos 67 concellos da provincia adheríronse ao protocolo proposto pola Vicepresidencia da Deputación para cofinanciar a Teleasistencia Domiciliaria
No 90 por cento dos concellos lucenses está garantida a continuidade do servizo de Teleasistencia Domiciliaria para 2013
Vicepresidencia agradece aos concellos de todas as cores políticas o seu esforzo a prol do benestar dos maiores
Lugo, 18 de decembro de 2012. Máis de 1.370 lucenses seguirán sendo atendidos polo servizo de Teleasistencia Domiciliaria despois de que os seus concellos se adherisen ao protocolo popostosto pola Vicepresidnecia da Deputación para garantir a continuidade do servizo en 2013,
56 dos 67 concellos da provincia remitiron asinado dito protocolo polo que se acorda cofinanciar ao 50 por cento o servizo de Teleasistencia Domiciliaria despois de que o Goberno do Estado suprimise a partida orzamentaria do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade coa que, a través do IMSERSO, se finaciaba o 65% do custe do servizo, e tras a falla de resposta da Xunta de Galiza para facerse cargo de dita porcentaxe.
Dende a Vicepresidencia da Deputación de Lugo subliñan a colaboración amosada polos concellos de todas as cores políticas dado o esforzo que supón tanto para eles como para a institución provincial que incrementa a súa aportación nun 15 por cento, pasando de aportar o 35 ao 50 por cento, pero aseguran que o primeiro debe ser o benestar das persoas.
Malia que o prazo xa rematou, é posíbel que se reciban máis aceptacións debido á comunicación entre os diferentes rexistro, co que o número de concellos podería ampliarse ata a práctica totalidade
Concellos que cofinanciarán ao 50% o servizo de Teleasistencia Domiciliaria
Concellos | Usuarios/Usuarias |
A Fonsagrada | 19 |
A Pastoriza | 4 |
A Pontenova | 7 |
Abadín | 22 |
Alfoz | 8 |
Antas de Ulla | 2 |
As Nogais | 1 |
Baleira | 5 |
Baralla | 17 |
Barreiros | 13 |
Becerreá | |
Begonte | 11 |
Bóveda | 12 |
Burela | 19 |
Carballedo | 7 |
Castro de Rei | 18 |
Castroverde | 8 |
Cerventes | 4 |
Chantada | 41 |
Cospeito | 21 |
Folgoso do Courel | 2 |
Friol | 23 |
Guitiriz | 20 |
Láncara | 11 |
Lourenzá | 13 |
Lugo | 365 |
Meira | 7 |
Mondoñedo | 25 |
Monforte | 96 |
Monterroso | 11 |
Navia de Suarna | 2 |
Negueira de Muñiz | |
O Corgo | 11 |
O Incio | 9 |
Ourol | 7 |
Outeiro de Rei | 11 |
Palas de Rei | 11 |
Pantón | 15 |
Paradela | 16 |
Pedrafita | 6 |
Pol | 20 |
Portomarín | 8 |
Quiroga | 36 |
Rábade | 18 |
Ribadeo | 115 |
Ribas de Sil | 11 |
Ribeira de Piquín | 1 |
Riotorto | 5 |
Sober | 36 |
Taboada | 15 |
Trabada | 4 |
Triacastela | 3 |
Vilalba | 90 |
Viveiro | 60 |
Xermade | 47 |
Xove | 5 |
Total | 1.374 |