A Deputación busca incrementar a comercialización da castaña autóctona en establecementos hostaleiros da provincia
– Gómez Besteiro participou na xornada Potenciación da castaña onde hostaleiros lugueses desgustaron pratos feitos con castañas de produtores da provincia para incorporalos ós menús dos seus negocios
– A institución aumentará ademais os ingresos destes profesionais coa distribución gratuíta de 52.500 unidades de produtos autóctonos para a súa venda en hoteis, balnearios ou paradores lugueses
– O organismo provincial tamén mantén un convenio con Alibós que permite a produtores da castaña en Lugo incrementar as súas colleitas uns 30.000 quilos, que comercializa dita empresa de Monterroso
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Presidente da Asociación de Produtores e Exportadores de Produtos Agrosilvestres de Galicia –Proagrosilga-, Xesús Quintá, e o Presidente da Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché Real, xunto con hostaleiros e produtores da castaña lugueses, participaron este mércores no Hotel Méndez Núñez na xornada Potenciación da castaña. É a iniciativa organizada pola institución provincial para dar conta da calidade deste froito en Lugo a propietarios de establecementos lugueses, co obxectivo de incorporalo ós menús dos seus negocios. Esta xornada enmárcase no convenio do organismo provincial co Ministerio de Mediambiente -dotado de 1 millón de euros, cofinanciados nun 66% por fondos estatais- para o desenvolvemento de actividades que xeren riqueza na provincia co impulso dos recursos naturais. Con esta degustación da castaña, a Deputación busca incrementar a comercialización deste froito, xerando novos beneficios tanto ós seus produtores como ós hostaleiros debido á calidade garantida dos seus pratos coa castaña autóctona.
Lugo concentra o 30% da produción deste froito en Galicia, é dicir, unhas 4.500 toneladas de castañas que, segundo os expertos, destacan pola súa excelente calidade debido ás condicións edafoclimáticas e ó terreo agrícola e forestal da provincia, que favorecen o seu desenvolvemento. A produción deste froito adoita ser unha actividade complementaria dos produtores lucenses. Non obstante, durante as recolleitas, que vai dende xaneiro a outubro, requírese do traballo dunhas 2.000 persoas, xerando novos postos de emprego na provincia.
Recetario
A xornada de Potenciación da castaña, que arrincou ás 20:00 horas, consistiu na desgustación de pratos elaborados a base de castañas de produtores lucenses, que cociñou o lugués Héctor López, chef Premio Nacional de Gastronomía 2008, así como propietario do establecemento recoñecido como o Mellor Restaurante de Galicia 2007. A Deputación elaborou un recetario que recolle todos os manxares degustados hoxe (pan de castañas millo, croquetas de castañas, caldo, fideos con castañas e peixe sapo, tenreira con castañas e cogomelos, corzo ó viño con puré de castañas, polo con castañas, feixóns secos con castañas, cremas de grelos con castañas, pastel de castañas, flan de castañas, filloas de castañas, licor de castañas….) e que lle foi entregado ós participantes nesta iniciativa.
52.500 unidades
No hotel Méndez Núñez estiveron ducias de produtores e hostaleiros lugueses ós que a Deputación busca xerar novos ingresos. Outro exemplo disto é que a institución ten en marcha un plan de promoción de produtos autóctonos, como por exemplo a castaña, mediante o cal distribuirá a lo menos 52.500 unidades en hoteis, balnearios ou parados da provincia. A Deputación asume con fondos europeos o custe deste proxecto, supoñendo gastos cero para estes profesionais ós que si lles garante beneficios económicos.
Outra iniciativa en impulso da castaña
Tendo en conta as oportunidades económicas que xera en Lugo a produción da castaña, a institución tamén mantén un convenio de colaboración con Alibós Galicia, empresa con sede en Monterroso cuxo xerente tamén é Xesús Quintá. É dicir, é o Presidente de Proagrosilga, o colectivo que aglutina ó maior número de produtores da castaña en Galicia, así como Presidente do Consello Regulador de Indicación Protexida da Castaña da Comunidade galega. Por este motivo, foron os socios lucenses desta asociación, presentes na xornada, os que proporcionaron castañas á Deputación para degustalas este mércores co fin de colaborar co maior número destes profesionais na provincia. Co convenio con Alibós, o organismo provincial permite os produtores lugueses recuperar máis de 200 heztáreas de terreo en diferentes Concellos da provincia, plantando novos soutos e aumentando as súas colleitas uns 30.000 quilos ó ano que comercializa Alibós, garantíndolles máis ingresos.



















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



