X FESTA DO BERBERECHO DE FOZ
Este ano a X Festa do Berberecho de Foz, contará coa participación da ACIA cunha relación de establecimientos que ofrecerán degustación e tapas de berberecho.
Así, o Concello correrá a cargo do Pregón e da animación de rúa para esos días. Tamén contaremos co I Concurso de Cantos de Taberna a celebrar o día 19 polos restaurantes e bares que queiran participar.
Será o terceiro fin de semana de xaneiro, días 18, 19 e 20.
Debido á situación actual e na procura do gasto mínimo por parte desta administración, o Concello, deixa nas mans de quen así o requira, a instalación da carpa na zona portuaria así como a degustación de especialidades relacionadas co berberecho.
Quen esté interesado, pode rexistrar a súa proposta no Rexistro do Concello de Foz ata o día 4 de xaneiro en horario de 9 a 14:30 horas.