O primeiro Torneo Solidario de Padel que se celebrará en Burela do 3 ao 5 de xaneiro de 2013 foi presentado esta mañá no hotel Nordés. O torneo está organizado por Activity Center, coa colaboración do Concello de Burela, a Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela, hotel Nordés e Living Sport. No acto desta mañana estiveron, entre outros, o alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro.
