JUANMA REGRESA Á CONVOCATORIA LARANXA PARA A CITA EN NAVARRA
A capitanía laranxa xa está de volta. Despois dunha semana da reincorporación de Edu, Juanma Marrube regresa á convocatoria laranxa para a última cita a domicilio dos mariñáns de 2012, fronte ao Ríos Renovables Ribera Navarra. O Mariskal entra na lista de Julio Delgado, acurtando notablemente os prazos de recuperación, despois de estar afastado dous meses, pola intervención dunha hernia discal. A 9ª xornada de Primeira resolverase no Ciudad de Tudela, o sábado, a partir das 18.30 horas. “É unha pista complicada onde a afección anima constantemente pero no nos preocupa, é un escenario onde sempre gusta xogar. O noso obxectivo non é outro que conseguir os tres puntos, o fundamental é volver cun resultado positivo” aseguraba o técnico, Julio Delgado.
O Burela FS Pescados Rubén intentará darlle continuidade á recente apertura da cuadrícula (Gáldar 2-2) ante o noveno clasificado, cos dous capitáns xa en activo, aínda que non poderá contar con Nacho Pedraza, que sufriu unha lesión de abdutor pola que se tivo que retirar ante os canarios; tamén forman parte da expedición os prometedores Fabio e Keko. “Estou preparado para o que decida o adestrador; na última revisión o doutor Fantini deume a alta con todas as garantías para reincorporarme. Volvo con moitas ganas, pero sen precipitarme. Despois de 20 días de minipretempada, o corpo xa me pide saltar á pista” admitiu Juanma.
O cadro mariñán pelexará pola súa primeira vitoria fronte a un rival que seguramente o recibirá moi motivado para regresar aos bos resultados, tras as derrotas ante Marfil (6-2), Triman (3-4) e Zaragoza (5-2), e despedir o ano cun sorriso ante a súa afección “Imos con moitas ganas de xogar este partido e conseguir a vitoria que se nos escapou ante o Gáldar. Temos que revalorizar o punto conseguido ante los canarios; este é o comezo. O equipo está mentalizado para o desafío navarro, aínda que somos conscientes da dificultade da pista” así transmitiu Julio Delgado o sentimento do banco burelista.
No vestiario local non estará José Lucas Mena, Pato, por sanción; o adestrador navarro cumprirá o primeiro dos dous partidos de amoestación tras o encontro fronte ao Zaragoza.
O Burela FS recibirá o Nadal e despedirá 2012 en Vista Alegre cun trepidante duelo, ante o Santiago Futsal, previsto inicialmente o sábado 22, ás 18.30 horas.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
