A Deputación segue aumentando as bolsas de emprego para mozos, mentres Rajoy e Feijóo as desmantelan
– Fronte os recortes educativos dos Gobernos do PP, que poñen en perigo todo un referente como as becas Erasmus, o organismo provincial ofrecerá este ano 50 novas bolsas Leonardo da Vinci, que se suman ás 70 que xa ten en marcha
– O Presidente, que mantivo un encontro con estes 70 bolseiros en San Marcos, subliñou o compromiso da Deputación coa formación nas profesións con máis futuro, como un instrumento fundamental para loitar contra a “alarmante taxa de desemprego xuvenil”
– Os participantes nas becas mellorarán as súas posibilidades de inserción laboral tras facer prácticas durante tres meses en empresas de Belfast, Cork, Florencia, Módena, Praga, Viena, Lisboa e Hamburgo
A Deputación de Lugo seguirá aumentando neste 2013 as bolsas de emprego para mozos titulados da provincia, pois, logo de que a UE lle renovase a súa confianza, ofrecerá un novo programa de 50 becas Leonardo da Vinci, que se suman ás 70 que nestes momentos xa ten en marcha o organismo provincial no marco do mesmo programa europeo. O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo este martes un encontro cos beneficiarios destas 70 bolsas, previamente a unha sesión informativa á que asistiron no Salón de Actos de San Marcos co fin de coñecer como se desenvolverá a programación das becas nos países europeos de destino e resolver as súas posibles dúbidas.
Os bolseiros partirán este mes a Europa, onde se formarán nas profesións con máis futuro traballando durante tres meses en empresas especializadas. Deste xeito, o groso dos participantes nas bolsas Leonardo da Vinci da Deputación marchará a finais de xaneiro, en concreto, os que teñen como destino Belfast, Cork, Florencia, Módena, Praga, Viena e Lisboa, mentres que os que recibirán formación en Hamburgo sairán a mediados de febreiro. Trátase de mozos universitarios ou titulados en FP nos seguintes ámbitos profesionais: agricultura, silvicultura, pesca, medio ambiente, turismo, informática, ciencias da vida e audiovisuais. En canto ó lugar de procedencia, o 64% dos beneficiarios (43 persoas) son da comarca de Lugo, e os restantes, da Terra Chá (11); A Mariña (7); a Zona Sur (4); A Montaña (1) e A Ulloa (1).
Por novas oportunidades laborais
Besteiro destacou que, mentres a Deputación incrementa ano a ano as becas para os máis novos co fin de abrirlles novas oportunidades laborais, os recortes educativos de Rajoy e Feijóo “estanas desmantelando”, pois, ademais de endurecer os requisitos de acceso ás axudas, aplican recortes que, no caso das Erasmus, chegan ó 60%, o que pon en perigo a continuidade deste programa, todo un referente, que recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.
Fronte ós recortes do Goberno central e a Xunta en políticas activas de emprego e formación, o organismo provincial, aínda non tendo as competencias na materia, mantén o seu compromiso con estas políticas, pois considera, tal e como destacou o Presidente, que son un instrumento fundamental para loitar contra a “alarmante taxa de desemprego xuvenil”. Gómez Besteiro subliñou que, en apenas un ano os menores de 25 anos sen emprego subiron un 34% en Galicia, e na actualidade preto do 50% dos mozos galegos están no paro, un panorama que “demostra a ineficacia das políticas de Rajoy e Feijóo, e a necesidade urxente dun cambio de rumbo por parte das administracións que teñen as competencias en emprego: Xunta e Goberno central”.
150 becas
Froito da súa aposta pola formación, a Deputación leva impulsado 150 becas: 70 becas Leonardo da Vinci; 18 becas a través do programa medioambiental Lug02; 24 de guías de Reservas da Biosfera; 30 de innovación; e 5 de artesanía. A todas elas súmanse as 50 novas bolsas Leonardo que neste 2013 se poñerán en marcha.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



