PLATAFORMA DE AFECTADOS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES E SUBORDINADAS DA MARIÑA
Dende a plataforma xa levamos varios meses de loita, de un día para outro vimos como o noso diñeiro, os nosos aforros de toda una vida de esforzo e traballo desaparecían. Fomos enganados e estafados por Novagalicia Banco, os seus traballadores axudándose da nosa confianza vendéronnos un produto, segundo eles, totalmente seguro e fiable que resultou ser completamente unha trampa na cal están, a día de hoxe, atrapados o noso diñeiro e os nosos aforros. A día de hoxe estamos nunha situación moi difícil, houbo xente que puido recuperar os seus aforros mediante a vía arbitral, pero a gran maioría segue á espera dunha solución que, a día de hoxe, non existe. Nesta situación xa desesperante, vimos como o goberno negociaba con Bruxelas para que se lle concedera a axuda á Banca española; negociaron que teríamos que aportar o 40% dos noso aforros para a reestruturación bancaria… encima de ser enganados por eles, ter que axudarlles! É algo verdadeiramente indignante! Por riba vemos como o 60% restante o queren pasar a accións dun banco que nin sequera cotiza en bolsa, e que a día de hoxe está en números roxos, é dicir, que nos queren deixar “SEN NADA”. Por todo isto queremos promover a seguinte iniciativa nos concellos da Mariña para instar á Xunta de Galicia e o Goberno a que poñan unha solución o antes posible a este gran problema que afecta a moitos mariñáns. Dende a plataforma e despois do acordado na última asemblea do día 27 de Decembro decidimos presentar unha moción nos 16 concellos da comarca para a aprobación dos seguintes puntos que consideramos de maior interese para os afectados nestes momentos:
1º: Queremos que a vía arbitral siga existindo, e que o faga ó mesmo ritmo que antes das eleccións do 21 de Outubro . Pasaron de realizarse sobre 200 laudos diarios antes das eleccións , a verse
moi diminuído o caso de persoas chamadas para resolver o problema por esta vía actualmente.
2º: Que informen das solicitudes de arbitraxe que poda haber rexeitadas por Novagalicia Banco, a día de hoxe hai xente que ten presentada a solicitude dende fai meses e non obtén unha resposta nin favorable nin desfavorable. Isto xa está a causar desesperación, a xente necesita unha resposta para poder emprender se así o desexa outra vía, como pode ser a xudicial.
3º: Que todo aquel afectado por preferentes e subordinadas que queira
emprender a vía xudicial poda facelo acolléndose á xustiza gratuíta (independentemente da súa situación persoal)
Neste tema tamén nos vemos afectados se queremos emprender esta vía polo importante incremento de taxas aprobadas polo goberno para este novo ano.
4º: Que se derrogue o Real Decreto 24/2012 no cal se aplica a quita a este tipo de produtos e se obrigue a Novagalicia Banco a devolver o 100% doinvertido tanto en preferentes como subordinadas.
5º: Que se dea traslado a os organismos competentes (Xunta de Galicia, Goberno,Grupos Parlamentarios) dos seguintes acordos.
Dende a Plataforma mantivemos reunións cos distintos partidos políticos para darlles a coñecer esta iniciativa que vamos a levar a cabo neste mes de xaneiro coa intención de que sexa presentada a moción nos primeiros plenos que se celebren neste ano. Agardamos unha resposta favorable de todos os partidos políticos, trátase dun tema moi delicado que afecta a moitos veciños da nosa comarca.
Cristina Fernández Rey
Portavoz Plataforma Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



