Ribadeo acolle un recital de Montesarrat Expósito de Ludmila Orlova o venres 1 de febreiro no Auditorio ás 21.00 horas. A entrada é de balde. Ademais, as concellarías de Medio Ambiente e Desenvolvemento Local e Turismo propoñen celebrar o Día Mundial dos Humidais con dúas actividades: o sábado 2 ás 18.30 na Casa das Letras, relatorio de Antonio Sandoval Rey e o domingo 3 ás 10 da mañá fronte á oficina de Turismo saída da visita guiada por Enrique Sampedro para observar aves da ría de Ribadeo. Para esta saída é preciso apuntarse no 982 128689. Outra proposta para a fin de semana é a da A.C. Francisco Lanza: pasar polo parque San Francisco o sábado e domingo a partir das 12 do mediodía e ata as 20.00 horas xa que a Comisión do entroido de Ribadeo está a traballar para ofrecer feixós. Recordan tamén que as persoas interesadas en participar no clube de lectura a obra escollida desta vez é Herba moura de Teresa Moure. A xuntanza está prevista para o xoves 14 de febreiro ás 20.30 horas na Casa das Letras.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



