FRUGA ESIXE Á XUNTA DE GALIZA RESPONSABILIDADES E UNHA SOLUCIÓN A ALIMENTOS LÁCTEOS
Alimentos Lácteos, ao estar impulsada pola Xunta, converte a Núñez Feijoo en cómplice da situación actual
Lugo, 30 de Xaneiro de 2013. A empresa Alimentos Lácteos (AALL) ven de solicitar un preconcurso de acredores, deste xeito vanse confirmando as voces que denunciaban que este proxecto no foi proxectado nen dirixido dun xeito responsable. Desde 2009, cando Pascual puxo en venda a planta de Outeiro de Rei, a Federación Rural Galega-FRUGA
ven denunciando os interes partidistas do Partido Popular á hora de fomentar a creación de AALL vetando outras ofertas que había no seu momento. Temos que lembrar que a empresa AALL foi resultado da mediación da Xunta de Galiza
de Núñez Feijoo con Pascual, por iso, a Federación Rural Galega-FRUGA reclámalle ao presidente da Xunta que asuma responsabilidades para resolver a situación critica na que se atopa a sociedade “Alimentos Lácteos” e, por extensión, as cooperativas que a integran, por tratarse dun proxecto dirixido e imposto polo Partido Popular que no seu día
e contra a vontade do sector, promoveu a Xunta. É urxente a depuración de responsabilidades políticas (e penais se as houbera) e a realización dunha auditoría económica para coñecer como se xestionaron os cartos, posto que falamos dunha sociedade impulsada e participada, dalgún xeito, pola propia Xunta, na que se fixo un forte investimento público. A transparencia dos fondos públicos debe ser máxima, sexa en Galiza ou sexa en Suíza. A Xunta non pode deixar ao cooperativismo agrario galego cunha frustración e cunha débeda en momentos tal difíciles para o sector. Xa está ben de que só teñan apoios os bancos.
Esiximos que se paguen as débedas que se lles deben aos produtores e produtoras de leite que lles subministraban materia prima a AALL. Tamén demandamos que se reflote o proxecto tendo en conta as necesidades do propio sector e creando, dunha vez por todas, un verdadeiro Grupo Lácteo Galego de base cooperativo e con participación pública. Galiza precisa dun sector transformador propio para contribuír a equilibrar a cadea de valor do leite.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



