A Concelleira Delegada de Fomento do Emprego, D.ª Magdalena Domenech Gruñeiro informa que o pasado 31 de decembro de 2012 púxose en marcha o Obradoiro de Emprego Terras do Masma, proxecto levado conxuntamente polos Concellos de Mondoñedo, Barreiros e Lourenzá.
Dito obradoiro está subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo, por un importe total de 211.597,92€. Conta con dúas especialidades formativas, e os seus correspondentes monitores: Albanelaría (16 prazas), e Carpintaría de Madeira (8 prazas). Estase a proporcionar formación teórico-práctica a un total de 24 alumnos/as-traballadores/as.
A través deste proxecto que dirixe D. Manuel R. García Martín, o cal ten unha duración de 6 meses, levaranse acabo distintas obras nos Concellos de Mondoñedo, Barreiros e Lourenzá. Así no Concello de Mondoñedo, preténdese rematar ca rehabilitación dun conxunto de vivendas tradicionais existentes no Barrio de Vilar e acondicionalas, parte como apartamentos de turismo rural e parte para a construción dun Centro de Interpretación da Prehistoria. No Concello de Lourenzá se rematarán as obras de peche do campo de entrenamento de Santa Cruz na Tilleira e o muro da área da Fonte Do Cura en Santo Tomé. E no Concello de Barreiros dotarase de mobiliario ó Centro Social Rural de San Xusto de Cabarcos.
Búscase a formación das persoas seleccionadas mediante a súa cualificación profesional que se centrará na rehabilitación da arquitectura popular, e nos valores do medio rural no que se enclava. Trátase en definitiva, de utilizar técnicas e tecnoloxías sensibles con este entorno, e de poñer en valor espazos tradicionais atendendo sempre a criterios de respeto polo patrimonio construído.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



