O BNG ESIXE MEDIDAS URXENTES PARA EVITAR A INDEFENSIÓN DOS CONSUMIDORES ANTE AS COMPAÑÍAS ELÉCTRICAS
O deputado Cosme Pombo urxe ao ministerio e á consellería de Industria a sancionar ás empresas que incurran en prácticas abusivas contra o pobo
A Mariña, 28 de xaneiro de 2013. Cosme Pombo, deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Parlamento de Galiza, e Antonio Veiga, responsábel comarcal da formación, reuníronse, esta tarde,en San Cibrao, cos representantes da Plataforma de Afectados polos Abusos das Eléctricas para escoitar as súas demandas e recoller información a partir da cal se elaborarán mocións que serán presentadas en todos os concellos e na Cámara galega, instando ao ministerio e á consellería de Industria a adoptar medidas correctoras para conter os abusos que estas empresas están cometendo.
Deste xeito, os nacionalistas solicitarán ao Partido Popular actuacións urxentes e contundentes para evitar a desproteción e a indefensión dos consumidores ante as compañías eléctricas que, segundo Pombo, “débense á liberalización do mercado eléctrico que está provocando numerosos incumprimentos por parte das empresas subministradoras e comercializadoras ante os que os gobernos central e galego non fan nada, seguindo a súa folla de ruta na que se prefiren pregarse aos intereses das grandes compañías en lugar de defender ao pobo. Mentres dende a Xunta e o Goberno do Estado non se artellou ningún mecanismo para evitar estas situacións, si o fixeron os mariñáns mediante a constitución desta Plafaforma que está a plantar cara aos cobros abusivos. É imprescindíbel garantir a seguridade dos consumidores para o que é preciso obrigar ás eléctricas a cumprir a lexislación vixente e clarificar o sistema de facturación facéndoo máis transparente”.
“Nin o ministro de Industria, José Manuel Soria, nin o conselleiro do ramo, Francisco Conde, poden manterse calados ante situacións como as denunciadas por esta Plataforma e nas que dúas compañías eléctricas emiten distintas facturas a un mesmo cliente en idénticos períodos con distintas lecturas. O Partido Popular permitiu o maior espolio do aforro galego da historia do país e agora está a facer o mesmo coa enerxía, en canto se está amosando incapaz de frear este escándalo aprobando medidas correctoras e sancionando ás eléctricas”.
O deputado galego recordou que Galiza é un territorio excedentario na producción eléctrica e os custes de transporte enerxético son case inexistentes en comparación con outras comunidades non produtoras; circunstancias que non están a supoñer unha baixada no prezo da electricidade, a pesar de que os galegos tamén soportan os custes medioambientais e sociais da produción e a transformación enerxética.
Neste senso, Antonio Veiga insistiu en que “as políticas dos populares seguen desprezando Galiza e atentando en contra dos dereitos de todos os galegos” e chamou aos mariñáns a pedir unha reforma enerxética para que repercutan no país todas as vantaxes de ser unha comunidade excedentaria na produción e transformación de enerxía.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



