Reaccións populares logo das declaracións verquidas polo sindicato CCOO
CCOO confirma as denuncias dos populares: escurantismo e falta de transparencia por parte do Goberno do Señor Besteiro
. A Voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia anuncia a total disposición, por parte do seu partido, para os traballadores prexudicados
. Os populares coinciden na falta de transparencia no tocante ao reparto da produtividade, partida á que o Equipo de Goberno destina 1.279.103,44%, o que supón un incremento dun 23.69% con respecto a anualidade anterior
. O PP comparte co sindicato as queixas do escurantismo co que o Goberno provincial realizou a repartición do complemento de produtividade
Lugo, 8 de xaneiro de 2013-. As declaracións verquidas polo sindicato CCOO confirman as denuncias que os populares levan desenvolvendo dende o primeiro momento: falta de transparencia e total escurantismo por parte do Goberno da Deputación de Lugo no reparto do complemento da produtividade por parte do Organismo Provincial.
Os populares comparten co sindicato as queixas do escurantismo co que a Deputación de Lugo desenvolveu o reparto do complemento da produtividade, partida á que o Goberno de Gómez Besteiro destina 1.279.103,44%, o que supón un incremento dun 23.69% con respecto a anualidade anterior.
A Voceira do PP na Deputación de Lugo anunciou a total disposición do seu partido para os traballadores afectados.