OS CHÍCAROS
O vindeiro fin de semana celebra Foz a X Festa do Berberecho, molusco vivaldo que aquí chamamos “chícaro”, aínda que por Galicia adiante recibe os nomes de croque, crica, caralleta, berberechiña, carneiro…J. V. Sueiro, prestixioso xornalista e gastrónomo, di no libro “Manual do marisco”: “ existe a crenza de que algúns mariscos favorecen a vea amatoria dos que os comen. Poñen en situación, din; axudan a ese punto de enervamento que precede ao placer da parella humana, opinan…. Pero è que no berberecho esta característica lévana implícita algúns dos nomes galegos, xa que “crica”,”berberechiña” e incluso “caralleta” son substantivos que afectan a zonas altamente eróticas da muller… “.
Nunca do tema falamos co experto gastrónomo, inesquecible amigo, co que tantas veces degustamos os chícaros no Cotarelo, Bar Lovento, O Lar, O Narciso e O Siso … Tras moitos anos de relación entrañable deixábanos definitivamente sendo redactor-xefe de TVE., polo remate dos 80.
Hai un ano por estas datas escribíamos: “Nas nosas pescudas non atopamos outro lugar onde chamen “chícaros” , o que fainos pensar que só en Foz reciben tal nome. Pregúntase un a que ven trocalo; por que imos ser depredadores das nosas peculiaridades, da cultura popular, pois neste caso, trátase de algo que pertence ao noso acervo inmaterial, á nosa tradición, que debemos conservar, defender e espallar como algo que nos singulariza. Iste cronista reivindica unha vez mais (tamén o facía hai un ano) o seu uso en toda ocasión. En 1996 foi a primeira festa, organizada pola ACIA, cando aínda eran “chícaros”e respectábase a tradición herdada dos antergos.. “ .ata que chegou o cabalo de Atila (que non deixa medrar a herba), coas súas crías, e foron arrasando impunemente valores que debían perdurar, e mesmo ameazan con lograr novas e mais fondas desfeitas..
Este ano a festa ten un pregoeiro singular. Home da terra e, sobre todo, do mar; que non só sempre falou (falamos) dos chícaros senón que rexenta o Bar O Chícaro. ¿Cantará a estes ou a súa lira vibrará en eloxio dos berberechos? Sen dúbida, o noso vello amigo Xosé Ramón será un magnífico pregoeiro.
Suso Fernández






















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



