O vindeiro día 13 de xaneiro a asociación de sendeirismo”Paso Miúdo” fará a ruta da Fraga da Furna en O Cadramón. A saída será dende a casa da cultura de Ferreira as 8:30 da mañá. O prezo desta ruta é de 15€ socios, 20€ non socios e 10€ nenos menores de 12 anos, estes prezos inclúen a comida. Todas aquelas persoas que desexen participar deste evento deberán apuntarse nos teléfonos 982574741 / 982575127 ou en pasomiudo@gmail.com ata o día 9 de xaneiro. Recoméndase levar botas de trekking pois en algún tramo do camiño pode haber auga.
