Santiago, 21 de febreiro de 2013.- O deputado do PPdeG do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, vén de sinalar que a nova Lei estatal de Costas reforza a protección do litoral e ofrece máis seguridade xurídica. Sae deste xeito ao paso das críticas efectuadas polo PSOE ante a reforma dunha normativa que vén a resolver grandes problemas que a lexislación anterior provocaba especialmente nos pobos costeiros de Galicia.
RECOÑECEMENTO DOS NÚCLEOS RURAIS
Así por exemplo José Manuel Balseiro explica que co recoñecemento da figura dos “núcleos rurais” -agrupacións tradicionais de vivendas rurais próximas á costa- porase fin á a difícil situación de numerosos cidadáns que quedaban indefensos, e non podían ni tan sequera facer obras menores de mantemento nas súas vivendas ao estar afectadas polos deslindes.
A INICIATIVA DE GALICIA
“Desde o Grupo Parlamentario Popular sempre tentamos dar solución a este problema, tanto agora no Goberno como antes sendo oposición, mentres que o PSOE variou o seu apoio a esta reforma en función de intereses partidistas”-explicou Balseiro- quen tamén dixo que a reforma da Lei de Costas foi impulsada a iniciativa do PP desde o Parlamento de Galicia e despois acollida polo novo goberno central e polo ministro Miguel Árias Cañete.
O PSOE FÓRA DA REALIDADE
Para o deputado popular , José Ramón Val fala desde o total descoñecemento do que a reforma da Lei de Costas supón e da súa adecuación á realidade galega, e nese senso, acúsalle de realizar afirmacións e ataques sen fundamento tirando do argumentario escrito polo PSOE de Madrid, que non ten nada que ver coa Mariña.
Balseiro pregunta directamente ao deputado socialista si está en contra de que os propietarios de antigas vivendas rurais e asentamentos costeiros mariñeiros poidan arranxar as súas casas realizando obras mínimas de mantemento, actuacións que ata o de agora eran practicamente imposible executar, pola dureza burocrática dos permisos a conseguir ou directamente porque a normativa anterior o prohibía.
Finalmente o deputado popular lembra que asentamentos rurais de todos os concellos costeiros, desde Ribadeo (Rinlo), Barreiros, ata espazos no concello de Foz, Cervo (Cuíña), Viveiro ou O Vicedo poden serán directamente beneficiados pola reforma da Lei de Costas promovida polo Partido Popular.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



