A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña” elaborou de forma artesanal uns centros solidarios para conmemorar o día de San Valentín. Foi un dos resultados do obradoiro de Foami, un taller no que se traballan habilidades cognitivas, memoria ou concentración. A directora técnica xeral, María José Novoa, agradece a colaboración da Floristería Alecrín por axudarlles no proceso de venda e facendo partícipes a todos os seus usuarios. Esperan que os centros solidarios acompañen mañá a moitas parellas de namorados, o cal contribuirá nun aumento de autoestima das persoas encargadas de elaboralos.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



