Espazo Ecosocialista presentou hai días unha campaña para abrir un novo proceso constituínte para o século XXI na que advertía que non estamos soamente asistindo a un crise financeira senón global e que no noso caso os casos de corrupción política transversais non so reflicten corrupción económica senón política e ética dun ‘réxime’ con grandes eivas democráticas, esgotado no seu armazón xurídico-institucional e cunhas elites hexemónicas desde hai varias décadas e que se fai necesario ‘xubilar’.
Espazo Ecosocialista como proxecto fundamentalmente propositivo, lonxe unicamente de rexeitar a grave situación que estamos a vivir, aposta por tomar a iniciativa das propostas.
Coincidindo coa campaña ‘por un novo proceso constituínte para o século XXI’ Espazo Ecosocialista presenta un ‘informe sobre ‘radicalidade democrática e participación cidadá’.
Tratase dun informe traballado durante un longo período, que bebe das propostas da Iniciativa BenComún sobre Radicalidade Democrática de xuño do 2011, que despois tivo un débate aberto durante as xornadas de ‘novas ideas para o século XXI’ que Espazo Ecosocialista celebrou en Oleiros durante abril do 2012 e durante os últimos meses foi implementado con diversas aportacións e aprobado na Coordinadora Nacional de Espazo Ecosocialista.
O documento contén 50 puntos concretos para democratizar a democracia.
Radicalidade democrática, republicanismo, transparencia, sustentabilidade, xustiza social, cultura de paz e plurinacionalidade deben ser os eixes principais sobre os que debemos vertebrar un novo proceso constituínte para o século XXI que cada vez reclaman máis sectores da nosa cidadanía.
O afondamento dos elementos de xustiza social, de sustentabilidade e de políticas de paz, así como a propia radicalidade da democracia; o cambio da lexislación electoral e de financiamento de partidos; a eliminación de estruturas pre-democráticas como as deputacións, delegacións e subdelegacións do goberno; a abolición da monarquía e a posible asunción da xefatura do estado polo presidente do goberno; a redefinición do concepto de cidadanía democrática; ou a reordenación plurinacional do estado; a preservación da independencia dos tres poderes de xeito que, as persoas que compoñen os órganos lexislativo e executivo non tomen parte na designación e nomeamento de membros do poder xudicial, son algunhas das razóns dun novo texto constitucional alicerzado no concepto de “goberno aberto” necesarias para crear un novo clima de confianza e seguridade na poboación.
Propostas que se que afectan a 7 areas da administración e da xestión pública:
– REFORMA DO SISTEMA ELECTORAL
– TRANSPARENCIA PÚBLICA, PARTICIPACIÓN CIDADÁ E ADMINISTRACIÓN
– EXERCICIO DE CARGOS PÚBLICOS
– CAMPAÑAS ELECTORAIS E FINANCIAMENTO DOS PARTIDOS POLÍTICOS
– REFORMA DA ADMINISTRACIÓN TERRITORIAL E INSTITUCIONAL
– DEREITO A UNHA XUSTIZA EFECTIVA E TRANSPARENTE
– DEREITO A UNHA INFORMACIÓN INDEPENDENTE, VERAZ E DE CALIDADE
E que terán a súa plasmación en diversas iniciativas que Espazo levará ao Parlamento Galego por medio do Grupo de AGE.
O informe tamén conta cun apartado sobre participación municipal onde se aposta pola coxestión, con propostas para unha maior participación, transparencia e a eficacia. Estas propostas serán trasladadas aos concellos por medio de mocións municipais.
Ademais, Espazo Ecosocialista considera que as deputacións son os organismos máis obsoletos e sustituibles, menos democráticos e transparentes, favorecedores de clientelismo e despilfarro, polo que presentará mocións nas catro deputacións galegas para que se debata a súa ‘autodisolución’.
O Informe esta pensado como documento de traballo. Espazo se reunira con organizacións sociais para que sexa a propia cidadanía quen poida realizar un debate sobre a nova etapa constituínte, nese senso o documento quere actuar como ‘caixa de Pandora’ do necesario proxecto constituínte e nada máis.
Espazo Ecosocialista fai un chamamento as forzas políticas alleas ás elites dominantes para converxer nunha alianza democrática ampla cun programa de cambio que permita construír unha alternativa á dereita política e aos oligopolios.
Nese sentido a Permanente de Espazo Ecosocialista vaise dirixir nos próximos días ás forzas políticas de AGE e a outras para valorar unha posible saída. Espazo cre que AGE debe ser o xermolo para unha futura fronte ampla nacional e democrática.
Tamén trasladara aos partidos membros de Espazo Plural (ICV, Chunta, IPV-Compromis, Iniciativa Vers, Primavera Andaluza e o propio Espazo Ecosocialista) cos que comparte análises e ideas para que aborden este tema na súa próxima xuntanza que se celebrará o próximo 23 de febreiro.
Por último Espazo Ecosocialista cre que corresponde á sociedade civil xogar un papel central para que o necesario cambio non se vexa secuestrado unha vez máis pola dinámica imposta desde as elites políticas, nese senso amosa o seu apoio ás mobilizacións do 23-F contra o golpe de estado financeiro e cre que a Alianza Social Galega pode ser un instrumento útil para coordinar e globalizar as múltiples demandas cidadás.



















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



