O filme “Mrs Smith e Mrs Wesson”, do director de Matalobos Jorge Saavedra, preséntase tamén en Ribadeo. Será no Cine Teatro o venres 22 ás 21.30 horas. Posteriormente está programado un monólogo para ás 23.30 horas no Molino. Pero non é a única cita na localidade para esta fin de semana. O Concello de Ribadeo comeza este ano a celebración do Día de Rosalía. Este domingo ás 13.30 horas na rúa San Francisco (e se chove no Teatro) veciñas e veciños da vila farán unha lectura pública de “Cantares gallegos” acompañados da música de Montserrat Expósito e Ludmila Orlova. Finalmente, o grupo de teatro do Colectivo Ollomao de Barreiros presenta, baixo a dirección de Comba Campoy e Ramón Casas, “Os vellos non deben de namorarse” de Castelao. Será no Hernán Naval ás 19.30 horas cun prezo da entrada a 3 euros. Cómpre sinalar tamén que o sábado ás 17.30 horas haberá unha actividade gratuíta de lectura para os máis pequenos na biblioteca.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



