FALECEU JOSÉ MARÍA LÓPEZ NOCEDA, QUE FORA ALCALDE DE LOURENZÁ, O PRIMEIRO PRESIDENTE DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA MARIÑA E DEPUTADO AUTONÓMICO. A CAPELA ARDENTE QUEDARÁ INSTALADA NA CASA DO CONCELLO O LUNS, DENDE AS DEZ DA MAÑÁ E SERÁ ENTERRADO O MARTES.
Lourenzá, 10 de febreiro de 2013. José María López Noceda faleceu ás oito e media da tarde do domingo, no Hospital da Costa, de Burela, aos 81 anos de idade. A capela ardente cos restos mortais do que fora alcalde de Lourenzá, primeiro presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e deputado autonómico do Partido Popular quedará instalada na Casa do Concello dende o luns, ás dez da mañá. Así o anunciou a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, despois de falar cos representantes dos dous grupos de oposición na corporación (PSOE e BNG), que se amosaron a favor. Tamén acordaron decretar dous días de loito oficial e que as bandeiras do Concello ondeen a media ata e con crespón negro.
A rexedora municipal tamén deu a coñecer que o rosario será mañá, luns, ás nove da noite na igrexa parroquial e o funeral celebrarase o martes ás cinco da tarde.
José María López Noceda, que naceu en San Xusto de Cabarcos (Barreiros) o 25 de xullo de 1931, fora alcalde de Lourenzá dende 1973 ata 1990 cando deixou o cargo para tomar posesión como deputado no Parlamento de Galicia polo Partido Popular. Tamén foi o primeiro presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, creada en 1982.




















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



