Lugo 21-2-2013.- A Voceira do GPP, Elena Candia, anunciou esta mañá, en rolda de prensa, que o seu partido levará á sesión plenaria do vindeiro martes, día 26 de febreiro, unha moción na que insta á Deputación de Lugo a que habilite un fondo para atender a obras de emerxencia.
A voceira popular explicou que a climatoloxía e a orografía lucense conforman un tándem propicio para que se produzan problemas na circulación, motivados, entre outras razóns, polo derrubamento e desprendementos de terreos e estradas. Por iso, e referindo as competencias das Deputación provinciais que se resumen principalmente en garantir os principios de cooperación e colaboración cos concellos, “consideramos prudente e aconsellable que por parte da administración provincial se habilite un fondo económico ao que podan acudir os concellos que se vexan incursos en circunstancias excepcionais”.
A portavoz popular explicou que este fondo permitirá aos concellos acudir en auxilio en caso dunha circunstancia excepcional acreditada tecnicamente. Asemade, Candia puntualizou que para evitar a politización e a discriminación na asignación destes fondos; o PP solicita que se garanta o acceso a este fondo a través “dun proceso áxil e respectuoso cos principios de igualdade e transparencia”.
Feitos excepcionais que esixen unha resposta áxil
A portavoz popular explica que estas circunstancias froito de incidencias climatolóxicas “si xustificarían unha resposta a través dun procedemento excepcional”, unha práctica, segundo asegurou Candia, “moi recorrida pola Deputación Provincial”, pero fronte á concesión de subvencións excepcionais a concellos da mesma cor política para fins tales como a proxección de películas, maxia ou títeres, “as citadas si que son circunstancias indiscutibles que demandan a colaboración das administracións”.
A través destes feitos incuestionables e con esta proposta, o Grupo Provincial Popular procura de maneira paulatina ir aminorando a falta de colaboración da Deputación cos concellos lucenses, que en condicións de poboación e superficie semellantes chegan a recibir un 90% menos do POS (Plan de Obras e Servizos) en comparativa cos municipios da Coruña.
Petición de colaboración cos concellos de Ourol e Mondoñedo
Os populares lembran a cicloxénese explosiva que se viviu na provincia a principios de anos, provocando que o mal tempo e as choivas de alta intensidade empeoraran a situación de inestabilidade dalgúns terreos, como aconteceu en Ourol e Mondoñedo.
Dado isto, os populares tamén instan á Deputación provincial de Lugo a que auxilie con carácter de urxencia aos Concellos de Ourol e Mondoñedo para darlle solución aos derrubes producidos polo temporal e as choivas.
Os populares lembran que en Ourol, unha estrada no lugar de Sabucedo, no concello lucense de Ourol, sufriu un afundimento froito do desprendemento dos cementos de terra e pedras sobre os que se asentaba a vía. Este derrube deixou ao borde do illamento a dúas familias da zona. Dado o risco e perigo que supón circular pola citada pista, o concello de Ourol adecuou unha pista de terra alternativa que serve como opción temporal e que permite e facilita o desprazamento dos veciños afectados. Porén, dende o Concello estase a traballar na procura de solucións que permitan adecuar a vía afundida e restablecer o tráfico rodado.
Mentes, no Concello de Mondoñedo, unha familia leva dende o mes de decembro semiaillada unha familia no lugar de Pausalido, parroquia de Argomoso, dado aos derrubamentos que cortan o acceso e que ameazan con empeorar, froito da inestabilidade que xera un noiro no citado vial. A Xunta de Galicia remitiu a principios de mes un informe coas actuacións que se deben acometer para solucionar a inestabilidade do talude.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



